Conversa:Forónidos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Foronídeos é unha (mala) adaptación do latín científico Phoronidae, sinónimo de Phoronida (en rigor, debería ser Forónidos).
Phoronidae está hoxe anulado na nomenclatura zoolóxica oficial por ser un termo equívoco (ademais de superfluo), dado que está construído co sufixo -idae, propio das familias de animais. É de supoñer que o uso, aquí, de foronídeos, é o feito de figurar desta forma en todos os manuais redactados en castelán (orixinais ou traducidos, polo menos dos non poucos que puiden consultar), calco que é un claro caso do que eu chamei castrapo científico. A adaptación normal ao galego do único nome latino válido, Phoronida, é Forónidos. Cf. catalán forònids. --XoioÉche o que hai 10 de xaneiro de 2013 ás 19:41 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (decembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Forónidos. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de decembro de 2019 ás 22:29 (UTC)[responder]