Conversa:Fontes de información

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Retirada ligazón externa con ligazón morta por conflito de dereitos de autoría[editar a fonte]

Retirei a seguinte ligazón da sección ligazóns externas:

Castillo, L. (2007). Fuentes secundarias de información{Ligazón morta|data=marzo de 2013}}

Din cunha ligazón activa, pero o texto claramente indica que o autor ten todos os dereitos reservados, polo que a elimino do corpo da entrada. Maria zaos (conversa) 28 de xuño de 2018 ás 13:39 (UTC)[responder]

Nota: a ligazón liga cunha copia non autorizada dun libro e permite a descarga.

Maria zaos (conversa) 27 de xuño de 2018 ás 16:49 (UTC)[responder]

María: Penso que tes un erro de concepto. Non hai ningún problema en incluír unha ligazón externa a un contido con dereitos de autor. De feito o 99,99 % de tódalas ligazóns externas de tódalas wikipedias son a contidos con dereitos de autoría, por que o 99,99 % do que se publica (en internet, en libros etc) ten dereitos de autoría. O que no podemos facer nós é copiar eses contidos e pegalos nas páxinas da Wikipedia, poren, como digo, non hai problema por enlazalos, de feito, nalgúns casos, precisamente por ese motivo os enlazamos, por que non os podemos copiar. --. HombreDHojalata.conversa 27 de xuño de 2018 ás 22:29 (UTC)[responder]
Moitisimas grazas por escribir! :) Totalmente de acordo co que dis. Paso a reintegralo se é necesario (outra opción e citar a fonte sen a ligazón). Fixen unha consulta na Taberna (Axuda) non tanto polo tema de eliminar calquera ligazón, senón aquelas que están na sección "ligazóns externas" (é dicir son un plus e non fundamentan o artigo), que ademáis son ligazóns mortas e ademáis ligan con copias piratas clarisimamente. Para min, se non ofrecen gran complemento ao artigo en cuestión, habería que eliminalas se están mortas. Pero as políticas de Galipedia son conservadoras á hora de manter as ligazóns mortas(porque tampouco se distingue entre "ligazón en notas" e "ligazón en sección ligazóns externas". Este caso é tamén unha copia pirateada. E eu non vexo que manteñamos cousas como "enlace de descarga á serie/película " de actualidade ou de moda. Aquí tamén hai límites. Como dixen, a min dáme igual e entendo a filosofía, pero no caso de ligazón externas mortas nesta sección que ligan a páxinas piratas, non hai pautas escritas. Dixeronme de escribilo na entrada de cada unha e así fago. Se me podes orientar algo máis, agradéceriacho moito.Maria zaos (conversa) 27 de xuño de 2018 ás 22:44 (UTC)[responder]
Nota: cando digo copia pirateada para este caso é que a única ligazón semellante activa que achei non é unha fonte fiable (repositorio, páxina do autor, etc.), nen sequera é exactamente unha captura. @HombreDHojalata:.Maria zaos (conversa) 27 de xuño de 2018 ás 22:55 (UTC)[responder]
Por exemplo, non podería eliminar todas as ligazóns externas se cando analiso a web arquivada ou unha posible web substituta a unha ligazón morta estas entran dentro da seguinte política de Galipedia?
"A restricción de non incluír ligazóns a sitios web que incurren en violacións de dereitos de autoría é unha excepción que si aplica para tódalas ligazóns externas, incluíndo aquelas empregadas nas referencias e citas ao pé."Maria zaos (conversa) 27 de xuño de 2018 ás 23:19 (UTC)[responder]

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────É moi acertado (e lóxico) todo o que dis. Eu referíame ás publicacións lícitas. Está claro que non deberíamos ligar cara a contidos que constituen en si mesmo violacións de dereitos de autor. Amais, si, deberíamos esforzarnos máis en recuperar as mortas contextualizadas (que están aí para cumplir WP:V) que son as que están como notas ao pé, e valorar se é pertinente recuperar as dexcontextualizadas, que están, como extras, en "ligazóns externas", que é, en moitos casos, unha sección con contidos excesivos, a fontes de dubidosa calidade, e tamén, moitas veces, obsoletas. O máis acertado, en varias ocasións, vai ser eliminalas directamente. --. HombreDHojalata.conversa 28 de xuño de 2018 ás 08:39 (UTC)[responder]

Vaia, pois é certo que no que escribin de primeiras pódese interpretar como copia lícita, non o aclarei ben, culpa miña. Engadín unha nota explicandoo arriba. Graciñas polas indicacións! :)Maria zaos (conversa) 28 de xuño de 2018 ás 13:39 (UTC)[responder]