Conversa:Faust (ópera)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

A amante de Fausto non debería ser Margarida? --Atobar (conversa comigo) 18 de outubro de 2016 ás 17:06 (UTC)[responder]

Se as óperas non se traducen, as producións operísticas son na lingua na que se escribiron, logo por que hai que traducir os personaxes, non deberían estar na lingua orixinal, neste caso o francés.--HacheDous=0 (conversa) 18 de outubro de 2016 ás 17:38 (UTC)[responder]
Ola, HacheDousO. Porque hai dúas traducións da obra (de teatro) ao galego, e se non me engano aí si que optaron por traducir os nomes dos protagonistas, algo polo demais habitual no teatro clásico. É certo que aquí falamos da Ópera, pero esta, ademais de beber da peza de Goethe, tamén o fai do mito anterior, e nas obras clásicas é habitual traducir os nomes. Entendo o que dis, e xaora que o comparto, pero creo que igual neste caso a tradución si é viable. De aí a miña pregunta. --Atobar (conversa comigo) 18 de outubro de 2016 ás 23:10 (UTC)[responder]
Velaquí. Na obra de teatro traducida por Lois Tobío, Margarida. --Atobar (conversa comigo) 18 de outubro de 2016 ás 23:13 (UTC)[responder]
Tamén entendo o que dis, e concordo en que por regra xeral nas óperas non se traduzan os personaxes, pero se considerades que esta pode ser unha excepción, por ser personaxes literarios cunha ampla difusión e adaptación ás diversas culturas. Nese caso si parece que debera ser Margarida--HacheDous=0 (conversa) 19 de outubro de 2016 ás 14:07 (UTC)[responder]
Polo momento, recuperei os nomes orixinais en francés, pois Margarita, por exemplo, non era nin unha cousa (orixinal en francés) nin a outra (tradución ao galego). --Atobar (conversa comigo) 19 de outubro de 2016 ás 14:59 (UTC)[responder]