Conversa:Estrutiónidos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

EstruTiónidos[editar a fonte]

É unha norma xeral que os th gregos pasen a galego como t (por exemplo thermos > termo, ornitho > ornito e as súas familias léxicas), aínda que se pronunciasen con zeta en grego. Tendo en conta isto entre estrutiónidos e estruciónidos escolleuse a forma con t. A Real Academia Galega non se pronuncia sobre esta palabra, pero si o fai sobre outras familias con th, como, por exemplo, certhiidae, que é cértidos para o RAG. Non atopei a palabra en dicionaios portugueses, pero no Estravís estrutionídeo é con t. En cambio no Digalego póñeno con c (pero outras familias con th póñenas con t). Á espera de maiores clarificacións sobre este termo, queda polo momento con t.--Miguelferig (conversa) 21 de novembro de 2020 ás 12:01 (UTC)[responder]