Conversa:Estrixiformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Hai constancia da denominación "Estrixiformes"? Chámame a atención que, tratándose dunha palabra latina, esa g de Estrigiformes mude en x.--Xoacas(Góstache o pemento?) 22:18, 16 febreiro 2010 (UTC)

  • Como referencia, en portugués parece que se di Strigiformes. Porén este mesmo artigo está na Categoría:Strigiformes e hai unha ligazón cara a Strigidae. Estoume precipitando ou é que hai algunha incoherencia na denominación? --Xoacas(Góstache o pemento?) 22:18, 16 febreiro 2010 (UTC)
  • Con respecto ao nome, en galego o correcto é Estrixiformes, adaptación normal do latín científico do nome da orde, Strigiformes.
Para outros aspectos do artigo, e dos artigos dalgunhas especies de estrixiformes, véxase o meu comentario na páxina de conversa de Moucho. --XoioÉche o que hai 18:31, 30 de setembro de 2012 (UTC)