Conversa:Estilóbata

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non o entendo: o artigo chámase Estilóbata, no texto falamos do Estilóbato e na fotografía e no cadro Estereóbato. ¿Alguén que saiba de arquitectura pode aclarar conceptos? Pedro --Lameiro (conversa) 13:47, 21 febreiro 2010 (UTC)

Eu algo sei, pero ten en conta que case todo o que estudei sobre arquitectura clásica foi en castelán. Polo que eu lembro, o estilóbato é o plano sobre o cal se colocan os stylos, ou sexa, as columnas. O estereóbato é a plataforma toda que fai de base á columnata, e que adoita estar composta por varios chanzos. Por resumir, o estilóbato é o plano superior do estereóbato. Insisto en que falo de memoria, podería buscar referencias máis fiables que a miña memoria se é preciso. --Xoacas(Góstache o pemento?) 19:26, 21 febreiro 2010 (UTC)

Por favor, axude na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Ollar interwikis (es:Estilóbato é dos máis extensos)--. HombreDHojalata.conversa 21:31, 12 de xullo de 2011 (UTC)