Conversa:Vacaloura

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Escornabois»)

Un artículo moi bo... O feito é que na wiki en castelán o artículo é unha chuminada así que vouno traducir, porque merece a pena, o millor é que na wiki en castelán as fotos veñen con pé de foto "vacaloura" e "escornabois"... En fins...

--Chuck es dios 19:51, 1 xullo 2007 (UTC)

nomes e sexos[editar a fonte]

Os dous nomes son perfectamente sinónimos e designan o mesmo insecto, sexa macho ou femia. Non é certo que o escornabois sexa o macho e a vacaloura a femia, como se di nos textos das fotos. Pedro --Lameiro 23:14, 30 agosto 2007 (UTC)

Pois ten pinta de ser sinónimos e non de designar o sexo. --85.60.18.172 20:29, 1 decembro 2007 (UTC)

Escornabois e vacaloura, sexa macho ou femia[editar a fonte]

Dicir que "escornabois" é para os machos e "vacaloura" para as femias é unha diferencaciación inexistente na realidade dialectal galega. Onde hai a palabra "escornabois", esta é para todos os insectos, sexa cal for o sexo. E o mesmo acontece coa palabra "vacaloura" (ou "vacaloira"), que onde está viva é a palabra máis usada.

Ademais, en todos os dicionarios aparecen como termos sinónimos. Por referirme só aos dixitais, eis o que di o dicionario de Ir Indo:

1 s m ANIMAL/ENTOM Coleóptero adulto, robusto, de gran tamaño e cores escuras, pertencente á familia dos lucánidos, especialmente referido a Dorcus parallelipipedus e ás femias inermes de Lucanus cervus.

2 s m PLANTA Planta do xénero Sorbus, da familia das rosáceas, que pode presentar porte de arbusto ou de árbore. De casca lisa e agrisada, sen espiñas e de folla caduca, presenta flores dispostas en corimbos de pétalos brancos.

SIN: vacaloura.

Pola súa parte, o dicionario Estraviz di:

Vaca-loira

s. f.

(1) Insecto coleóptero de grande porte. O macho tem umas mandíbulas muito grandes e ramificadas que lembram as hastes do cervo (Lucanus cervus).

(2) Ovas de raia e alguns esqualídeos.

Sinón. Escorna-Bois.

Var. Vaca-loura.

Polo tanto, pido seriedade e rigor. Procedo xa a editar os pés de foto e pór "vacaloura ou escornabois macho" e "vacaloura ou escornabois femia". --Rosamf 08:31, 25 xuño 2009 (UTC)