Saltar ao contido

Conversa:Enkarterri

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ligazóns externas modificadas (xaneiro 2020)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Enkarterri. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de xaneiro de 2020 ás 03:48 (UTC)[responder]

Propoño mudar o nome a Las Encartaciones, xa que o éuscaro non é a lingua propia desta zona do País Vasco, como ben se pode ver nesta imaxe.--Esquwiki (conversa) 13 de decembro de 2020 ás 12:18 (UTC)[responder]

Segundo Wikipedia:Toponimia: "Se existen varios nomes oficiais en distintas linguas, escóllese o máis coñecido para o título e como forma dominante, mentres que os outros poden empregarse como redirección". Non se especifica onde ten que ser máis coñecido pero hai que supoñer que sexa en primeiro lugar en Galicia, e de xeito secundario internacionalmente. E hoxe por hoxe, penso que en Galicia é máis coñecido Las Encartaciones que Enkarterri pero tampouco é que teña referencias. O que si semella é que en Euskadi con diferencia da lingua que se empregue a forma vasca está moi difundida, hai moitas máis referencias en google que pola forma en castelán.--HacheDous=0 (conversa) 13 de decembro de 2020 ás 12:32 (UTC)[responder]
En canto á lingua, é certo que no oeste non hai constancia do emprego do éuscaro pero no leste da comarca si se falou, a derradeira falante patrimonial na comarca parece que morreu en 1850[1]--HacheDous=0 (conversa) 13 de decembro de 2020 ás 12:50 (UTC)[responder]
Aquí na entrada de "Las Encartaciones" di que en galego é "Las Encartaciones" e non "Enkarterri". Valería como referencia?--Esquwiki (conversa) 16 de febreiro de 2021 ás 14:16 (UTC)[responder]
Ser é unha referencia pero o problema con ese dicionario, aínda que parece que non neste caso, é que emprega á súa vez, entre outras fontes, a Galipedia e o Galizionario como referencias (As fontes citadas, tanto en versión impresa como en dixital, son as seguintes:
  • Amg Atlas Mundial Galego
  • Bibl A Biblia, SEPT, 2002
  • Cumio Atlas xeográfico Cumio de Galicia e do Mundo, Cumio, 2003
  • Dcg Dicionario Castelán-Galego da Real Academia Galega, RAG, 2004
  • Dolg Dicionario Ortográfico da Lingua Galega, Xerais, 2006
  • Egu Enciclopedia Galega Universal, Ir Indo Edicións, 2002
  • Galipedia Wikipedia en galego
  • Galizionario Wiktionary en galego
  • Ir Indo Dicionario Ir Indo da Lingua Galega
  • Nom Nomenclátor de Galicia
  • Ort Ortografía da lingua galega de Begoña González Rei, Galinova, 2004
  • Porto Diccionario gallego-castellano de Francisco Porto Rey (1900 c), RAG, 2000
  • Volga Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega
  • Wikilingue http//gl.wikilingue.com),

e non especifica de cada entrada de onde tomou a referencia, e así podería ser que referenciemos con esa ferramenta formas que están alí simplemente por apareceren así na Galipedia nun determinado momento.--HacheDous=0 (conversa) 16 de febreiro de 2021 ás 15:06 (UTC)[responder]

Subscribo o dito por HacheDous=0. O actual dicionario en liña de Rinoceronte, entendo que ampliado en esencia sobre a base do Superdicionario de Morgante, pode axudar a nivel consultivo e mesmo propositivo, pero a día de hoxe non cumpre cos estándares para consideralo académico e non pode ser unha referencia aquí. O principal problema é ese que se sinala: funciona como arquivo ou repositorio. Recolle asemade solucións refrendadas por outras fontes e propostas propias, polo xeral meritorias pero non debidamente cotexadas. --Atobar (conversa comigo) 16 de febreiro de 2021 ás 16:41 (UTC)[responder]