Conversa:Enfermidade polo virus Marburg

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

¿Non tería máis lóxica titular o artigo Enfermidade por virus Marburg? Dígoo por eufonía e sentido común, non porque teña referencias más aló da brutal diferenza entre as ocorrencias en San Google da forma "por virus" sobre a forma "de virus". Pedro --Lameiro (conversa) 8 de xaneiro de 2015 ás 00:29 (UTC)[responder]

Untitled[editar a fonte]

Xa hai a redirección enfermidade polo virus Marburg, pero non sei que será mellor, francamente, xa que non hai unha lista de nomes oficiais en galego de todas as doenzas. Non teño inconveniente en cambiarlle o nome á páxina polo da redirección xa existente, pero habería que asegurarse ou ter algunha referencia. O asunto paréceme complicado.
No ICD-10 versión:2015,a doenza AP8-3 denomínase (en inglés) "Marburg virus disease". A tradución por "enfermidade do virus Marburg" sería perfectamente posible (pero hai outras posibilidades). Sería parecido a Golgi apparatus (así, sen xenitivo saxón, que se traduce por aparato de Golgi). Noutras doenzas falan de "...due to Togavirus" (debidas a Togavirus).
No CIE10 (en castelán) denomínase "enfermedad por el virus de Marburg". "Por el" sería en galego polo, como está na redirección xa existente. Obsérvese que din de Marburg, e que tamén din Marburg e non Marburgo, polo que non sei se se refiren directamente ao virus ou á cidade que lle deu nome ao virus (se é á cidade o lóxico é que dixesen Marburgo, pero se é ao virus, o lóxico é que suprimisen o "de"). Hai unha certa incoherencia no CIE10 porque despois falan de "enfermedad del virus Hantaan", xunto con "enfermedad por hantavirus con manifestaciones renales". No caso do ébola falan de "enfermedad por el virus de Ébola" no CIE10 (nós temos a redirección "enfermidade polo virus Ébola"), aínda que Ébola é un río, non unha cidade, e debería levar artigo: "enfermedad por el virus del (río) Ébola". Hai varias formas máis usadas en castelán para esta doenza. Ao final acaban chamándolle simplemente "el ébola" ou "ébola". Sobre o acento en Ébola habería moito que falar tamén.
En canto a Google, eu busquei no Google académico en castelán, onde aparecen publicacións científicas de expertos e o que eu atopei foron:
  • "enfermedad por el virus Marburg" = 0
  • "enfermedad por el virus de Marburg" = 2
  • "enfermedad del virus Marburg" = 0
  • "enfermedad de Marburg" = 48
Paralelo a isto está o nome dos virus, que o ICTV xeralmente os dá en inglés. Os xéneros Papovavirus, Herpesvirus, Marburgvirus, Ebolavirus, dinse igual en galego. Pero cando se di "Marburg virus" ou "Ravn virus" (que son os dous virus incluídos na especie Marburg marburgvirus), poderíanse traducir por virus Marburg, virus de Marburg ou virus de Marburgo, e penso que a primeira opción é mellor tomando "Marburg" como o nome dado ao virus (que procede do da cidade, tomando o topónimo local).
Tamén procurei o nome do virus no Google Académico en castelán e atopei:
  • "virus Marburg" = 72
  • "virus de Marburg" = 159
  • "virus de Marburgo" = 33
Como ben se ve, mesmo en publicacións de expertos úsanse varias formas.-Miguelferig (conversa) 8 de xaneiro de 2015 ás 18:15 (UTC)[responder]
Por iso digo que eu falo por eufonía: "Enfermidade por (causa)" soa mellor que "enfermidade de (causa)". Esta segunda forma (...de...) acae ben se falamos dun autor (Síndrome de Down, enfermidade de Gaucher) ou dun lugar (enfermidade do Nilo occidental) pero a min non me soa nada ben "enfermidade de causa". Pides referencias, e non chas podo dar, por suposto, pero ¿temos referencias para a escolla "Enfermidade do virus Marburg"? Polo que dis, o CIE opta habitualmente pola fórmula "enfermidade por ", e para o que nos ocupa (a construción) sería unha referencia, á marxe de que o escriba en galego. O que xa non entro é na discusión "el" ou "Marburg/Marburgo"; aí confeso non ter nin idea. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 8 de xaneiro de 2015 ás 18:30 (UTC)[responder]

Depende, podería ser "causada por" ou "a causa de", pero non son experto nesas construcións. Supoño que quedará mellor "por". Xa procurarei cambiarlle o nome mañá, que é fin de semana.--Miguelferig (conversa) 8 de xaneiro de 2015 ás 18:55 (UTC)[responder]

Feito! Feito!--Miguelferig (conversa) 9 de xaneiro de 2015 ás 19:31 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 6 ligazóns externas en Enfermidade polo virus Marburg. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de agosto de 2018 ás 13:25 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (xuño 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Enfermidade polo virus Marburg. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de xuño de 2019 ás 19:19 (UTC)[responder]