Conversa:Dolmen de Dombate

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A imaxe crea confusión, non é o dolmen de Dombate (aínda que estea preto).--Rocastelo 16:43, 8 maio 2005 (UTC)

  • Por certo dolmen non leva til.--Rocastelo 16:45, 8 maio 2005 (UTC)
  • Pois se ves o artigo, Xa preferín inclui-la informacion que habia nel no pe de foto para ilustrar este outro. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 16:54, 8 maio 2005 (UTC)
  • Eu póñome na situación dun lector do artigo, sei que se le atentamente darase de conta que non é o dolmen de Dombate, pero por experiencia sei que o primeiro que miramos é a imaxe, e o texto ás veces lémolo con menos atención, e cando pase de páxina pode levar a impresión que a imaxe era do dolmen de Dombate que é do que trata o artigo (en todo caso nun artigo sobre o seat Ibiza non poriamos unha imaxe do seat Toledo).--Rocastelo 16:59, 8 maio 2005 (UTC)

A noxenta cuberta que tiña o Dolmen xa foi retirada e está aberto o centro de interpretación. Agora o Dolmen de Dombate está baixo unha nova cuberta de madeira e pode ser visitado. --Nemigo (conversa) 01:15, 26 de xuño de 2012 (UTC)

Dólmenes próximos[editar a fonte]

O artigo aseguraba que o dolmen de dombate estaba próximo ó de Pedra Cuberta e o Forno dos Mouros. E dá unha referencia, aínda que esta non fala de dólmenes "próximos" a Dombate.

O concepto de proximidade é relativo, pero o Forno dos Mouros máis típico é o de Toques, a 130 km, que no parece ser algo próximo. Hai outros Fornos dos Mouros, en Mañón e en Ortigueira, que tampouco se poden chamar próximos. O que si está cerca é a Casa dos Mouros ou Pedra da Arca, a uns 20 km; e Pedra Cuberta está a uns 10 km. Por iso corrixo e cambio o erróneo Forno dos Mouros pola Pedra da Arca que, ademais, ten gravados nas paredes, como os ten o dolmen de Dombate.

Pedro --Lameiro (conversa) 7 de xaneiro de 2016 ás 18:59 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 10 ligazóns externas en Dolmen de Dombate. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 04:13 (UTC)[responder]