Conversa:Determinación do sexo por haplodiploidía

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non sería mellor mover este artigo a haplodiploidía? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 6 de maio de 2013 ás 09:35 (UTC)[responder]

Este artigo forma parte dun conxunto de artigos onde se tratan os distintos sistemas de determinación do sexo. Están feitos xa a determinación do sexo pola temperatura, determinación do sexo ZW e determinación do sexo por haplodiploidía, e falta por facer a determinación do sexo XY (porque pensei que era a parte máis tratada no artigo xeral "sistema de determinación do sexo" e non era urxente) e determinación do sexo X0. O artigo está redactado como un sistema de determinación do sexo e se se move o título habería que retocar algunhas frases (que tampouco sería tanto problema), por iso fala fundamentalmente dos efectos sobre a determinación de sexo masculino ou feminino que ten a dotación cromosómica neses animais e como se produce esta, pero tamén trata sobre a herdanza xenética e evolución nos sistemas haplodiploides. Haplodiploidía redirixe a esta páxina na que estamos. Existen tamén os artigos ploidía, poliploidía, diploide e haploide. Haplodiploidía ten a vantaxe de que é un título máis curto e cómodo e podería cubrir este concepto da determinación do sexo, porque os individuos haplodiploides (en ciclos sen alternancia de xeracións) determinan sempre o sexo así, que eu saiba. Non sei cal das dúas opcións é mellor para o título, polo que non teño unha opinión contraria ao cambio. Por min múdalle o título se queres.--Miguelferig (conversa) 6 de maio de 2013 ás 20:21 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (abril 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Determinación do sexo por haplodiploidía. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 13 de abril de 2019 ás 01:30 (UTC)[responder]