Conversa:Denominacións de Orixe de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Supoño que "Augardente de herbas de Galicia" e "Licor de herbas de Galicia" serán un mesmo produto (ou parecido) con diferentes denominacións de orixe, pero ¿que é o "Oruxo de Galicia"? ¿Un nome comercial ou unha galeguización do castelán orujo? [ Furagaitas * ] 02:46, 25 decembro 2009 (UTC)

  • A denominación de orixe protexida oficial é "Orujo de Galicia" (tanto no DOCE da Unión Europea -normal, en castelán- como no DOGA [1]). A forma Augardente de Galicia é unha galeguización da denominación castelá e aparece usada como sinónimos na web da Consellería de Medio Rural [2]. A forma Oruxo é un castrapo impresentable; moi usado, iso si.
  • Con estes precedentes, eu utilizaría na Galipedia Augardente de Galicia. Como moito, en nota a rodapè, a forma oficial castelá Orujo de Galicia.
  • A Augardente de Galicia ten tres presentacións derivadas: Augardente de herbas de Galicia, Licor de herbas de Galicia e Licor café de Galicia. Son tres bebidas diferentes, con requerimentos distintos en contido alcohólico e de azucre.
  • Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:43, 25 decembro 2009 (UTC)
Moitas grazas polas aclaracións. Simplemente quería recalcar a presenza dese híbrido (oruxo) para a súa eventual corrección. [ Furagaitas * ] 14:33, 25 decembro 2009 (UTC)
Por certo, este oruxo apenas se documenta no TILGa (dous casos de orujo e un de oruxo), mentres que no DdD non aparece. [ Furagaitas * ] 14:45, 25 decembro 2009 (UTC)