Conversa:Dendrocigninos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nomes galegos[editar a fonte]

Á hora de establecer un nome galego para cada unha destas aves, preséntanse algúns problemas (evidentemente, non hai bibliografía ao respecto). O nome que se lles dá habitualmente en castelán (varias especies habitan na América de fala española) é o de patos silbadores, aludindo á súa característica voz asubiante e aguda, propoñendo algúns como alternativa, o de patos arborícolas (tradución do nome inglés tree ducks), polo seu hábito de descansar polo día, algunhas especies, nas ramas das árbores. A adaptación de ditos nomes para o galego, como patos asubiadores ou patos arborícolas, non parece moi afortunada, xa que estas anátidas, pese ao seu tamaño, teñen un aspecto ben diferente ao dos verdadeiros patos e, no primeiro deles, ademais, poderían confundirse co noso pato asubiador (Anas penelope), que si é un verdadeiro pato. No que respecta ao cualificativo de arborícola, non é que sexa tampouco demasiado axeitado, xa que non viven propiamente nas árbores, só descansan nelas, e non todos.

Polo tanto, e mentres as autoridades da lingua non aproben unha Lista padrón de aves, atrévona a suxerir, de acordo co nome latino do xénero, a denominación de cisnes arborícolas (a pesar do indicado anteriormente). Para as distintas especies, propoño os seguintes nomes particulares:

  • Dendrocygna arborea, cisne arborícola cubano, que vive nas Antillas, ocultándose durante o día nos bosques pantanosos, pousando sobre ramas baixas, ou nadando na superficie de augas de frondosa vexetación;
  • D. arcuata, cisne arborícola errático, que se distribúe polas Filipinas, Borneo, Xava, Célebes, Nova Guinea e o N de Australia, e que realiza breves migracións nas épocas de chuvia;
  • D. autummnalis, cisne arborícola autumnal ou outunal;
  • D. bicolor, cisne arborícola bicolor, de ampla distribución: en Norteamérica desde California a Missouri, polo N, ata Oaxaca (México), polo S; en Sudamérica, desde Colombia e Venezuela ata o centro de Chile e o S do río da Prata; en África, nunha ampla banda que vai desde Nixeria ata Etiopía e Somalia e, cara ao S, por todo o leste, chegando a Angola e Sudáfrica; en Madagascar e, en Asia, na India, Paquistán, Bangla Desh e Birmania, e que, en Sudamérica, durante o descanso diúrno protéxese da pirañas subíndose ás árbores, mentres que en África dorme na superficie da auga;
  • D. eytoni, cisne arborícola falciforme, que vive no N e E de Australia;
  • D. guttata, cisne arborícola manchado, de moi pequeno tamaño, que vive en Idonesia, Nova Guinea e o arquipélago das Bismark, e que parece que dorme preferentemente en árbores das ribeiras de ríos e lagos;
  • D. javanica, cisne arborícola de Xava, que vive nesta illa e ten costumes semellantes ás do cisne arborícola cubano, e
  • D. viudata, 'cisne arborícola de cara branca, de até 50 cm de lonxitude, que vive nas augas interiores das zonas tropicais e subtropicais de Sudamérica, desde Trinidad e o S de Costa Rica até Paraguai, Uruguai e N de Arxentina, e de África, desde o S do Sahara até o S de Angola e o Transvaal.

Como vedes, xa teño recompilados algúns datos destas especies (e podo buscar máis) e, se vos parece apropiada esta proposta, poderei facer as páxinas de cada unha co seu nome galego. Se non, terei que facelas co título do nome científico.--XoioÉche o que hai 7 de xullo de 2013 ás 23:45 (UTC)[responder]

Fin desta conversa
Despois de presentar o asunto na Taberna dou por pechada esta conversa. --XoioÉche o que hai 10 de xullo de 2013 ás 12:09 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Dendrocigninos. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de agosto de 2019 ás 00:16 (UTC)[responder]