Saltar ao contido

Conversa:Decreto Orovio

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galifontes

[editar a fonte]

Non vexo a necesidade de pasar este contido a Galifontes retirándoo de aquí, porque hai que ter en conta que este artigo é sobre o decreto en si e non, por exemplo, sobre a primeira e segunda cuestións universitarias sobre a liberdade de cátedra no século XIX, que terán que ter as súas páxinas específicas, e esta será unha páxina complementaria delas, aínda que eu a fixen como unha ligazón á páxina evolución (xa que normalmente eu non fago artigos de historia). É certo que é unha cita longa (dun contido que desde hai moito está en dominio público, xa que é unha norma legal) e fai máis servizo telo aquí, que ter que buscalo en Galifontes, para quen saiba buscalo ou simplemente saiba que existe Galifontes. Noutro tipo de artigos, que tratan de temas máis xerais, seguramente non será conveniente incluír citas moi longas dos diversos asuntos tratados no artigo, pero é que o actual artigo é especificamente sobre o decreto. Eu vexo un artigo como este como algo similar a un artigo complementario sobre lista de especies de tripanosomas ou calquera outra lista, onde tamén é basicamente só un documento (tomado dalgunha autoridade taxonómica) e posto tal cal. Tal vez tecnicamente se pode argumentar que está mellor en Galifontes, pero penso que queda mellor aquí e que a Galipedia gaña máis manténdoo aquí. --Miguelferig (conversa) 13 de marzo de 2017 ás 12:56 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Decreto Orovio. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de novembro de 2019 ás 16:58 (UTC)[responder]