Conversa:Cultura de Malaisia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Indianos[editar a fonte]

Iso de con malaios, chineses e indianos a compartillar o país está mal escrito; un indiano é alguén de América, e non creo que en Malasia os americanos teñan unha gran representación étnica. Permítome cambialo por indios. --O Tin 16:20, 7 xuño 2006 (UTC)

Para mim indios é isto. --Slademsx 17:25, 7 xuño 2006 (UTC)
  • Non sei, quizáis en galego teñamos outro significado de indio que en portugués, pois anque efectivamente indígena temos o mesmo significado, por indio entendemos ou indio de América ou da India. ¿Cómo lle chamades vós a indio da India, o país asiático? --O Tin 17:30, 7 xuño 2006 (UTC)
  • En galego indiano é alguén das Indias Occidentais pero que non pertence a ningunha das razas orixinarias dese territorio ou ben alguén que voltou rico tras unha estadía en América como emigrante. Indio é un habitante da India ou un membro dos pobos que habitaban América antes da chegada dos europeos, polo que a modificación semella correcta.--Rocastelo(fálame aquí) 17:32, 7 xuño 2006 (UTC)