Conversa:Cronobiografía de María Victoria Moreno

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta cronobiografía ten un cento de datos históricos xerais pero moi poucos da vida de María Victoria, precisa máis información sobre a escritora. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de decembro de 2017 ás 19:16 (UTC)[responder]

Adiante, dalle duro Eli. --. HombreDHojalata.conversa 3 de decembro de 2017 ás 21:15 (UTC)[responder]
Engadín algúns fitos de MVM e quitei varios dos xerais para que non estivera tan recargado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2017 ás 00:42 (UTC)[responder]
Pois non entendo cal é a mellora de borrar os eventos que contextualizan a época en cuestión (recargado?!) --. HombreDHojalata.conversa 4 de decembro de 2017 ás 08:48 (UTC)[responder]
HombreDHojalata, é que non vexo que contextualiza, por exemplo, que Hugo Chávez fose escollido presidente de Venezuela, iso non é un evento relevante que axude a situar os eventos de MVM nunha liña temporal, para min, neste caso, é recheo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2017 ás 09:00 (UTC)[responder]

Ben, obviemos a Chávez. Que me dis disto: "6/12/1978: Ratifícase en referendo a Constitución española de 1978". --. HombreDHojalata.conversa 4 de decembro de 2017 ás 09:10 (UTC)[responder]

Vaia, que casualidade, nesta época todo o mundo se lembra desa data, non? :) Vale, é relevante abondo no contexto nacional, ó mellor fóiseme un pouco a man. Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2017 ás 10:06 (UTC)[responder]