Conversa:Cromatina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Desenrolar/desenvolver[editar a fonte]

O uso que eu fixen de "desenrolar" no artigo era correcto. En galego existen desenrolar e desenvolver. Póñoche o significado do dicionario da Academia (DRAG) de desenrolar: v.t. 1. Estirar [algo que estaba dobrado ou encollido en forma de rolo]. Desenrolou as cartolinas para mostrar as ilustracións. sin. desenrodelar. v.p. 2. Deixar de estar enrolado ou envolto. Desenrolouse o fío do carrete.

No meu texto estou falando de que o ADN está enrolado formando unha fibra moi gorda de 30 nm de diámetro, pero que se pode desenrolar orixinando unha fibra máis fina de 10 nm.

Por tanto, revertín o cambio. Consulta tamén a páxina de conversa de epiderme (plantas) onde revertín unha corrección similar. Desenvolver significa máis ou menos "proceso que se produce progresivamente en varias fases" (desenvolvemento embrionario, desenvolvemento dunha enfermidade, etc.).--Miguelferig (conversa) 11:56, 30 de setembro de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Cromatina. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de agosto de 2018 ás 03:46 (UTC)