Conversa:Cretáceo Superior

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Creo que Cretáceo Superior debería de ser Cretáceo superior, con minúscula. Por outro lado, o nome Cretáceo e Cretácico alternan en castelán, xa que en España, segundo teño entendido, nas facultades de Xeoloxía adoitan usar Cretácico (que é o predominante e oficializado) e os enxeñeiros de minas prefirían Cretáceo. Isto ten antigas raíces históricas (ver). En portugués de Brasil dise Cretáceo e en portugués de Portugal Cretácico (ver o apartado Translations & Older versions en International Commission on Stratigraphy ). En galego o DRAG só admite Cretáceo, que o escriben con maiúscula cando se usa como nome (o Cretáceo), pero con minúscula como adxectivo (período cretáceo, fósiles cretáceos). Neste último caso eu non estou de acordo co uso da minúscula no primeiro exemplo porque, aínda que formalmente a palabra é un adxectivo (período cretáceo), en realidade funciona como o nome do período (período Cretáceo), xa que non se refire a que teña creta, senón a que se chama así, a que ese é o seu nome (Cretáceo), cousa diferente do exemplo fósiles cretáceos, onde si é claramente un adxectivo. Pero o DRAG di outra cousa e hai que aceptalo. En xeral estes termos son pouco coherentes no DRAG e necesitan ser traballados moito máis; por exemplo establecen Silúrico (Silurian) e á vez Devoniano (Devonian), cando o coherente sería ou ben Silúrico, Devónico ou ben Siluriano, Devoniano.

Outra discrepancia curiosa é que os pisos/idades en castelán acaban en -ense en España e Venezuela (por exemplo, Campaniense, Albiense), pero en todos os demais países de América acaban en -ano (Campaniano, Albiano), o cal concorda cos nomes da Comisión Internacional de Estratigrafía en inglés (Campanian, Albian). Que terminación deberiamos usar en galego? Eu son máis partidario de -ano, como en portugués, inglés e castelán de América, pero nada está determinado no DRAG polo momento.

Por último, hai nomes xeocronolóxicos (Early Cretaceous = Cretáceo temperán) e cronoestratigráficos (Lower Cretaceous = Cretáceo inferior) que son equivalentes.--Miguelferig (conversa) 26 de marzo de 2024 ás 20:05 (UTC)[responder]