Conversa:Cousas
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Untitled
[editar a fonte]Parece algo embarullado o texto. Alguén se anima a alixeiralo? --Atobar (conversa comigo) 12:54, 6 setembro 2009 (UTC)
- Espero que non mo tomes a mal pero este tipo de consideracións xenéricas non sirven de moito, é mellor concretar onde ves os problemas e revisar o historial do artigo para ver se rastrexando nel a evolución do artigo puideran detectarse os posibles problemas se é que os hai. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:06, 6 setembro 2009 (UTC)
- Pois tamén tes razón, Prevert. A ver se alguén familiarizado co tema confirma que fixen ben a división ao por un apartado chamado Libro. Se cadra foi a miña primeira lectura demasiado rápida a que me fixo ver que estaba embarullado, porque nesta segunda vexo que aínda vai habendo un fío condutor bastante claro. En calquera caso, coido que o primeiro parágrafo é mellorábel, por quen coñeza ben a obra de Castelao. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 14:54, 6 setembro 2009 (UTC)
- Non sei a intención de titular a sección "O libro". Castelao comezou a escribir en 1919 textos breves con debuxo para publicar na prensa da época (primaba o texto sobre o debuxo). Chamábao "Cousas" ou "Contos" e terminaron por ser recompiladas en dous libros, en 1926 e en 1929; os textos e moitas das ilustracións foron modificadas para esta publicación en libro, e houbo "cousas" publicadas na prensa que non se incluíron nestes libros, outras que pasaron a formar parte de Retrincos e outras que se converteron en capítulos de Os dous de sempre. É dicir, que "Cousas" é máis un estilo literario, que os dous libros nacidos para recoller textos previos que xa eran coñecidas como "Cousas de Castelao". De por parte, a partir de 1924 comezou a publicar debuxos con pé na prensa (primaba máis o debuxo có texto) que, co tempo, comezaron a coñecerse como "Cousas da vida", nome baixo o que se publicaron -só parte deles- posteriormente. Pero haberá que ler con calma e repasar ese primeiro parágrafo. Pedro --Lameiro (conversa) 16:55, 6 setembro 2009 (UTC)
- Eu penso que tamén debese revisar si o titulo refirese a unha obra (ainda que teña varias formas de publicacións) ou si se refire a un tema de Castelao (semella ser no que esta o artigo de por agora). Eu son partidaria da primeira opción. Polo que sei de Castelao o tema Cousas non semella ser un tema en si para os que escriben sobre Castelao, tal como poderei ser Casteleo téorico da Arte, Casteleo e a Politica etc etc. Algunhas ligazóns do amigo google que, penso eu, van a favor de considerar que estamos a falar dunha obra de Castelao (e logo si esplicar dentro o que sexa necesario e que xa esta en parte no artigo) e non dun tema, ou concepto de Castelao : [1], [2], [3], [4], [5] (non siguo con todo o que presenta que Cousas é obra de Castelao), [6], [7], [8].
En resumo quero decir que o de ter unha entrada de artigo Cousas que non sexa a súa obra chamada Cousas é, penso eu, traballo inedito. A obra literaria de Castelao chamada Cousas tera unha historia diversificada na sua composición e nas súas publicacións eso si. ElviraConversa comigo 17:58, 6 setembro 2009 (UTC)
- Eu penso que tamén debese revisar si o titulo refirese a unha obra (ainda que teña varias formas de publicacións) ou si se refire a un tema de Castelao (semella ser no que esta o artigo de por agora). Eu son partidaria da primeira opción. Polo que sei de Castelao o tema Cousas non semella ser un tema en si para os que escriben sobre Castelao, tal como poderei ser Casteleo téorico da Arte, Casteleo e a Politica etc etc. Algunhas ligazóns do amigo google que, penso eu, van a favor de considerar que estamos a falar dunha obra de Castelao (e logo si esplicar dentro o que sexa necesario e que xa esta en parte no artigo) e non dun tema, ou concepto de Castelao : [1], [2], [3], [4], [5] (non siguo con todo o que presenta que Cousas é obra de Castelao), [6], [7], [8].
Ligazóns externas modificadas (febreiro 2020)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 4 ligazóns externas en Cousas. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20190925105541/http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=4402 á ligazón http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=4402
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20190925105540/http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=1548 á ligazón http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=1548
- Engadiuse o marcador
{{ligazón morta}}
á ligazón http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=3035 - Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20190925105540/http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=3038 á ligazón http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=3038
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20190925105541/http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=2762 á ligazón http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=2762
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 21 de febreiro de 2020 ás 07:45 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (febreiro 2020)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 5 ligazóns externas en Cousas. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20190925105541/http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=4402 á ligazón http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=4402
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20190925105540/http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=1548 á ligazón http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=1548
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20190915155454/http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=1634 á ligazón http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=1634
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20190925105540/http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=3038 á ligazón http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=3038
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20190925105541/http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=2762 á ligazón http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=2762
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de febreiro de 2020 ás 21:12 (UTC)