Conversa:Cores cálidas e frías

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

@Xavier_Cid, esta páxina é sobre a división entre cores cálidas e frías, chamada así desde a Teoría de Cores do XVIII-XIX. Tamén estou a traducir a páxina "Teoría da Cor", e outra máis técnica de "Temperatura da Cor". Aínda que todo está moi vinculado, esta en concreto fai referencia a esa convención non tan técnica, da fala común, e menciona ese código de cores coas súas contradiccións semánticas coa enerxía das cores, xa que a temperatura na fotosfera é moito maior nas azuis que nas vermellas.

Como ves en castelán e catalán tamén hai outra páxina sobre https://es.wikipedia.org/wiki/Temperatura_de_color, e en inglés e moitas outras linguas. https://en.wikipedia.org/wiki/Color_temperature Podíamos incluir esta como apartado nesa nova traducción, ou na de Teoría da Cor pero se cadra vai dar uns artigos moi extensos.

Tamén se podería facer outra web de desambigüación, pero creo que o nome Cor cálida e fría (ou variantes, Cores cálidas e frías, etc.) está ben, porque remite a esa semántica e ás teorías e refutacións do relativismo lingüístico sobre as cores, discutido en obras como as que enlazan neste outro artigo: Termos básicos de cor; Nese caso plantexa como escenario dunha das etapas a identificación en certas linguas do vermello como primeira cor, no segundo nivel despois das linguas que só distinguirían claro/escuro, e menciono o caso do sistema lingüístico galego-portugués no que "roxo" pasou de sinónimo de vermello a unha ampla gama de acepcións que cubren todas as cores cálidas desde o amarelo alaranxado no galego ao púrpura-violeta no portugués, en tempos bastante recentes. Gasparoff (conversa) 4 de xuño de 2021 ás 14:55 (UTC)[responder]