Conversa:Copa Galicia de fútbol feminino

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Copas trabucadas?[editar a fonte]

A Revista do Fútbol Feminino Galego lista as finais de 1999 e 2000 como "Copa FGF", pero procurando na hemeroteca de La Voz de Galicia aparecen como "Copa Diputación de Pontevedra" (La Voz de Galicia edición Barbanza, 30/06/1999, páx.51)(La Voz de Galicia edición Barbanza, 27/06/1999, páx.51) ou "Copa Diputación de Fútbol Femenino" (La Voz de Galicia edición Barbanza, 13/04/2000, pax.51) Resulta estraño xa que a final de 1999 gañouna o Xuventude Aguiño que é do lugar do mesmo nome (Aguiño, Ribeira) o cal se atopa na provincia da Coruña, e na edición do 2000 tamén participou este equipo. Ademais disto, hai otras edicións que son chamadas no xornal coma "Copa feminina" ou simplemente "Copa". De entrada as engadín, pero o mellor sería que alguén confirme se son efectivamente copas Galicia (ou equiparábeis), copas provinciais ou torneos doutro tipo diferente. Unha aperta. -- Jorges65 (conversa) 4 de setembro de 2020 ás 01:17 (UTC)[responder]