Conversa:Conservación de alimentos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Elimino dúas frases do artigo:

  • "O seu maior fabricante é Parmalat", por irrelevante e non referenciado
  • "No mercado norteamericano, os consumidores estiveron preocupados de consumir leite tépedo, e foron moito máis remisos a compralo", porque non ten sentido: non ten que ver que estea tépedo ou non co sistema de conservación utilizado.

Pedro --Lameiro (conversa) 21:40, 4 xaneiro 2009 (UTC)

Galeguización[editar a fonte]

Non entendo moi ben a necesidade de galeguizar este artigo. Penso que o artigo non se refire ás industrias de produtos nos que se conservan alimentos, como poden ser as industrias conserveiras, senón ao tipo de métodos de conservación que hai. Especificamente habería que falar do enlatado (como método xeral, en calquera parte do mundo), que non está tratado. Pódese mencionar algo no artigo sobre Galicia, especialmente os métodos máis utilizados aquí (que non creo que sexan moi diferentes dos métodos xerais utilizados polo mundo), pero non creo que sexa pertinente estenderse moito. O que si debería de haber é un artigo sobre a industria conserveira, na cal habería que falar das industrias galegas, pero xa sería outro artigo con outro enfoque. --Miguelferig (conversa) 21 de outubro de 2015 ás 10:22 (UTC)[responder]

Eu tampouco entendo moi ben a necesidade. O artigo fala de métodos en xeral para a conservación de alimentos, e non creo que en Galiza haxa algún método singular que non exista noutras partes do mundo. --Norrin (Fálame) 21 de outubro de 2015 ás 12:48 (UTC)[responder]
Engadín un pequeno capítulo sobre o enlatado.--Miguelferig (conversa) 21 de outubro de 2015 ás 16:22 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Conservación de alimentos. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de outubro de 2019 ás 19:45 (UTC)[responder]