Conversa:Complexidade biolóxica

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sen unha revisión polo miúdo, este artigo semelloume (polo menos en parte) un ensaio. Cómpre modificar o artigo para adecualo á enciclopedia. --Toliño Fala aquí comigo 29 de xaneiro de 2014 ás 18:12 (UTC)[responder]

Eliminación[editar a fonte]

Este artigo xorde dunha tradución da Wikipedia en castelá e agora alí está eliminado. Propoño facer o mesmo co artigo en galego. Digo porqué. Este artigo:

  • Ten unha estrutura tipo ensaio orixinal: vai de "teorías" a "conclusións" finais.
  • Carece de citas bibliográficas.
  • Contén multitude de afirmacións erróneas ou moi discutibles. P.ex. "as teorías evolutivas din que [...] cada chanzo enmarca un salto de complexidade e vén seguido dun longo período de estabilidade no que o novo nivel afiánzase e acada a supremacía", '" Os niveis inferiores son, pola contra, os máis robustos e son á súa vez a base da cadea trófica", "A complexidade defínese como a cantidade de información necesaria para describir un sistema. Así, canto máis complexo é un ser vivo máis información hai contida nel." (unha deturpación do concepto de Entropía e dos artigos de Ramón Margalef), "un organismo é tanto máis complexo canto máis longa sexa a súa secuencia de ADN, pero este enunciado adoece dun punto débil: sábese que unha parte da información xenética é ADN "lixo", é dicir, xenes que non se usan pero que son pegadas fósiles dos nosos antepasados evolutivos", Tendo en conta os longos períodos de tempo que transcorren desde os seres unicelulares ata os pluricelulares (ver gráfico de arriba), sorprende que en menos de 1.000 millóns de anos déanse todos os procesos para pasar das moléculas máis simples ata as primeiras formas de vida", O organismo máis simple que se coñece é a bacteria pleuromona duns 300 a 1.000 xenes (máis "simple" en que sentido?), O segundo camiño que tomou a natureza para formar sociedades complexas é o de desenvolver unha especie con suficiente intelixencia como para pasar os seus coñecementos ás xeracións seguintes, [...] Así xorde unha especie, o homo sapiens que non só evoluciona xeneticamente senón tamén culturalmente.

Facendo una revisión en bases de bibliografía, atopei moi poucos artigos co concepto de "biocomplexity". O único a destacar é "William K. Michener, Thomas J. Baerwald, Penelope Firth, Margaret A. Palmer, James L. Rosenberger, Elizabeth A. Sandlin, Herman Zimmerman; Defining and Unraveling Biocomplexity. BioScience 2001; 51 (12): 1018-1023. doi: 10.1641/0006-3568(2001)051[1018:DAUB2.0.CO;2]". Aí definen a biocomplexidade como "as propiedades emerxentes da interaccións do comportamento, a bioloxía, química e física e a sociedade que afectan, dan soporte ou son modificadas polos organismos vivos, como os humanos". Curiosamente esta definición está máis ca presente en campos de disciplinas históricas como a Macroecoloxía e a Bioloxía Evolutiva. Mgl.branco (conversa) 5 de xullo de 2017 ás 10:48 (UTC)[responder]

Bórrese. Wikipedia non é fonte primaria. --. HombreDHojalata.conversa 5 de xullo de 2017 ás 17:32 (UTC)[responder]