Conversa:Cimento

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non entendo moito de construción, así que me desculpo por adiantado se meto a zoca, mais non sabía que a palabra "fundación" tivese este significado en galego. Sei que si o teñen as formas "foundation" do inglés e "fondazione" do italiano, o cal me fixo pensar ao primeiro que era un erro de tradución. O mesmo co termo "concreto" (formigón?). Un saúdo.--Manudosde 17:43, 20 febreiro 2008 (UTC)

Isto non é o cimento, que é como se lle di na construción das casas tradicionais galegas.

  • Mireino nun dicionario é fundación non se utiliza en galego con este significado, é cimento, alicerce, base ou fundamento. Hai que mover a páxina a unha das anteriores.

Fundación/alicerces/cimentación[editar a fonte]

Fundación ten este significado en todas as linguas do noso entorno (nomeadamente en español e portugués) e tamén en galego.

fundar v.t. 1. Dar existencia a [algo] establecendo os seus alicerces. Fundar unha cidade. CF. erixir.Fundar unha orde relixiosa. Fundar unha sociedade deportiva. SIN. constituír, crear. 2. Considerar [algo ou alguén] como base ou razón de [o que se expresa]. Fundou as súas esperanzas en min. Funda as súas sospeitas en simples suposicións. SIN. apoiar, basear, fundamentar. // v.p. 3. Ter [unha cousa] como base ou fundamento. Os seus prognósticos fúndanse en meticulosas observacións. SIN. alicerzarse, basearse, cimentarse.

Dicionario da RAG (resaltado meu)

En galego hai a tendencia a usar cada vez mais alicerces incluso no sentido mais amplo.

Eu puxen fundación porque me parece mais técnico e xeral e tamén porque non sabía escoller entre alicerce e alicerces, escolle ti o que queiras, por min están ben todos. --emilio juanatey(talk) 18:55, 20 febreiro 2008 (UTC)

alicerzarse, basearse, cimentarse son reflexivos, non é o mesmo alicerce, base, cimento que alicerzarse, basearse ou cimentarse.--83.43.66.201 20:43, 20 febreiro 2008 (UTC)

Dicionario da RAG: Cimento:Parte inferior dun muro, columna ou outra construcción, xeralmente situada baixo a superficie do solo e que soporta o seu peso. Nesta acepción, úsase xeralmente en plural SIN. alicerce, base, fundamento. Non aparece como sinónimo fundación e aínda que apareza xeralmente en plural na entrada débese poñer en singular sexa cimento ou alicerce.--83.43.66.201 20:50, 20 febreiro 2008 (UTC)