Conversa:Chuca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Parece ser que tabas é un castelanismo e que o nome deste xogo en galego sería chuca, polo que habería que facer as correccións pertinentes no texto e mudar o nome do artigo.--Servando2 (Dime) 23:49, 13 abril 2009 (UTC)

Feito! Feito!--HacheDous=0 (conversa) 20 de setembro de 2016 ás 17:58 (UTC)

A chuca xógase en Galicia pero non é especificamente galego.--HacheDous=0 (conversa) 20 de setembro de 2016 ás 18:00 (UTC)

O DRAG marca expresamente taba como forma incorrecta, non se pode poñer chamado tamén taba, xa que logo teriamos que poñer por exemplo en polbo chamado tamén pulpo que é o que se di realmente en toda Galicia.--HacheDous=0 (conversa) 20 de setembro de 2016 ás 19:49 (UTC)
Non vexo porqué non se pode incluír denominacións alternativas con múltiples referencias publicadas, por moito que a DRAG marque unha delas como incorrecta. Que se empregue como principal a que a DRAG marca como boa tanto no título coma no corpo e desenvolvemento do artigo si, pero non por iso deixa de ser interesante indicar cómo fontes secundarias publicadas fan ou fixeron no seu momento referencia ó tema do artigo. O mesmo para polbo-pulpo ou calquera outro. Banjo tell me 20 de setembro de 2016 ás 20:07 (UTC)
Basicamente penso eu por ser esta unha enciclopedia en galego, poderíase indicar que o castelanismo taba é de uso xeral pero non se pode dicir tamén chamado (enténdese que en galego xa que é unha enciclopedia en galego) taba, xa que non é correcto. Pero iso suporía encher a Galipedia de castelanismos e vulgarismos, en moitas zonas e moitos falantes de galego empregan a forma huevo ou muela por ovo e moa, imos tamén incluír esas formas nos artigos?--HacheDous=0 (conversa) 20 de setembro de 2016 ás 20:27 (UTC)
De continuar a discusión penso que sería mellor seguir na Taberna, é unha cuestión que vai máis alá dun artigo en concreto.--HacheDous=0 (conversa) 20 de setembro de 2016 ás 20:33 (UTC)
Se hai referencias fiables e publicadas en galego a esas formas alternativas, castelanismos ou non, non vexo porqué non se poden ou porqué non se deberían incluír. Trasládao alí entón si, cantas máis opinións mellor. Banjo tell me 20 de setembro de 2016 ás 20:35 (UTC)

Que alguén que coñeza mais me corrixa pero tras ler a descrición do xogo dos pelouros que aparece na obra que se marca como referencia máis ben parece unha variante moi concreta da chuca e non un sinónimo de chuca. Pode ser tamén que a propia fonte por ser dunha zona moi concreta non o deixe claro.--HacheDous=0 (conversa) 21 de setembro de 2016 ás 14:17 (UTC)