Saltar ao contido

Conversa:Centro de Información Xudía de Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Menorá na catedral de Tui, non en Ribadavia

[editar a fonte]
Claustro da catedral de Tui

No artigo dise que "A colección amosa algunhas pezas salientables ... como a menorá grabada nunha pedra da catedral de Tui". Este dato necesita explicación, porque a menorá do claustro da catedral de Tui segue no seu sitio, ou seguía hai catro anos, e non parece crible que a levaran a Ribadavia. Así que ou o dato é falso, ou o que se mostra é unha copia, ou os xudeus gravaron dúas menorás na catedral de Tui, e unha delas marchou a Ribadavia. Pedro Lameiro (conversa) 7 de setembro de 2024 ás 20:45 (UTC)[responder]

Pedro, eu non sei a que se refire o artigo, certo que o fixen eu, pero limiteime a achegar o que sinalaban as referencias que consultei. O ideal sería que alguén que visitara o centro mirara o que hai exactamente, eu non podo ir (canto menos nunha boa tempada), quédame moi lonxe. Piquito (conversa) 8 de setembro de 2024 ás 07:03 (UTC)[responder]