Conversa:Capudre

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

No dicionario da Real Academia Galega só se recolle: O nome de cancereixo Sorbus aucuparia. Reservando o nome de sorbeira para a especie Sorbus domestica. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Nachonion (conversacontribucións) o 10 de outubro de 2012‎ ás 21:18

A ver se alguén con máis coñecementos de botánica ca min dá unha resposta. --Toliño Fala aquí comigo 13:01, 11 de outubro de 2012 (UTC)
Hai unha Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, de Losada Cortiñas e outros Cons. de Agricultura, 1992), na que dan para o Sorbus aucuparia os nomes de cancereixo, cancireixo, capudre, capudrio, cornabois, cornabude, cornabudo, cornabuile, cornapuz, cornide, cornido, escornabois, escornacabras, serbal, serval de cazadores, sorba e xistra (px. 60). Non contempla o S. domestica pero si o S. torminalis (vai saber se serán sinónimos), para o que dá, entre outros, o nome de sorveira (con v). Esta guía actualizouse en 1994 (Catálogo da flora vascular galega, Cons. de Agricultura 1994) e dá para o primeiro só os nomes vulgares de capudre e cancereixo (esta revisión reduce ó mínimo o número de sinónimos de cada planta, á vez que aumenta o número de especies) e non dá nome común para o S. torminalis; segue sen citar o S. domestica. Supoño que isto é referencia acreditada para os nomes de capudre e cancereixo para esta especie. Pedro --Lameiro (conversa) 17:35, 11 de outubro de 2012 (UTC)

Dá a impresión de que neste uso non significa asemade (simultaneamente https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/asemade) senón así mesmo https://academia.gal/dicionario/-/termo/as%C3%AD. Lles (conversa) 19 de novembro de 2018 ás 08:50 (UTC)[responder]