Conversa:Cabra montés galega

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Capra pyrenaica lusitanica»)

Untitled[editar a fonte]

Non atopo a forma cabra montesa galaica, tes referencias para ese nome?--RNC 15:11, 11 xullo 2009 (UTC)

Nesta páxina da Xunta figura como cabra montés galega.--RNC 15:20, 11 xullo 2009 (UTC)

Unha fonte para o nome[editar a fonte]

Encontrei unha fonte para o nome na "ligazón externa" que acabo de incluír. Habría que solicitar a auorizacion do autor do blog para que cedese o dereito de reprodución da foto desta cabra. --XoioÉche o que hai 24 de xaneiro de 2019 ás 16:34 (UTC)[responder]

Xoio, a fonte dese blog non me parece axeitada para o nome común, non é ningunha autoridade nese campo, non creo que debamos utilizala.
Por outra banda, non creo que o autor do blog sexa o autor da foto e polo tanto tampouco terá os dereitos de autor. Porén investigarei se está en dominio público ó ser bastante vella. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de xaneiro de 2019 ás 22:45 (UTC)[responder]
Elisardojm, estou de acordo contigo, e por iso cambiei o nome polo que figura no cadro de taxonomía, que é o máis axeitdo, a que é una simple adaptación do seu epiteto subespecífico; de paso sumprimín tamén o nome de *cabra montesa portuguesa, que non sei quen usará (talvez os portugueses). Un saúdo. --XoioÉche o que hai 25 de xaneiro de 2019 ás 02:13 (UTC)[responder]
Nin iso. Consultada a wiki en portugués, alí se denomina «Íbex-português (conhecida em Portugal apenas por Cabra Montesa)». --XoioÉche o que hai 25 de xaneiro de 2019 ás 02:16 (UTC)[responder]
Xoio, grazas polos teus arranxos, porén o nome común de "cabra montesa lusitánica" segue a estar sen referenciar e eu non atopo unha fonte fiable para esa denominación..., se nos vindeiros días non se atopa unha referencia axeitada para ese nome, penso que será mellor cambiar o nome do artigo e poñerlle o nome científico. Se no futuro aparece unha boa referencia para o nome común, sexa cal sexa, xa se cambiará. Como o ves? E ti Lameiro?
PS: Estou buscando a foto, está en dominio público pero estou buscando a fonte orixinal para conseguir a maior calidade posible e a referencia axeitada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xaneiro de 2019 ás 10:53 (UTC)[responder]
Xa atopei a fonte orixinal da foto, está aquí, a ver se pola noitiña xa a paso a Commons e póñoa no artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xaneiro de 2019 ás 11:09 (UTC)[responder]

Moitas grazas, Elisardojm, polas túas xestións a prol da foto, e polo éxito acadado. En canto ao nome do artigo, tes toda a razón. Non hai ningún nome galego fiábel, e por iso procedería cabiar o título polo do nome científico.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Xoio (conversacontribucións) 25 de xaneiro de 2019 ás 12:23‎

Xa está a foto no artigo, noutro momento movereino ó nome científico. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xaneiro de 2019 ás 13:20 (UTC)[responder]
Por certo, xa está movido o artigo ó nome científico, que me esquecera comentalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xaneiro de 2019 ás 09:10 (UTC)[responder]