Conversa:Cangrexo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A palabra carapazo non ven no VOLGA, pero non coñezo outra que poida substituíla. Algunha idea? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 10:02, 10 de setembro de 2010 (UTC)

cuberta, casca, armazón, armadura, carcasa, esqueleto, exoesqueleto, osamenta--. HombreDHojalata.conversa 12:26, 10 de setembro de 2010 (UTC)
Cacho, como forma máis común. Exoesqueleto se se trata de ser máis técnico, como correspondería á entrada do artigo. "Osamenta" non vale neste contexto. Pedro --Lameiro (conversa) 15:31, 10 de setembro de 2010 (UTC)

Título[editar a fonte]

Creo que o título deste artigo, tal e como está redactado, debería ser Braquiúros (Brachyura, que non Brachiura). Ademais, todo o artigo merece unha profunda revisión (que me comprometo a facer cando estea cambiado o título). --XoioÉche o que hai 28 de decembro de 2012 ás 22:33 (UTC)

Alternativas[editar a fonte]

Seguindo o comentario anterior, penso editar unha páxina Braquiúros (coa clasificación científica que aparece nesta) e outra que trate xenericamente aos cangrexos (e que substituiría a esta para aproveitar no título. --XoioÉche o que hai 28 de decembro de 2012 ás 22:43 (UTC)