Conversa:Cachotaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Esta conversa procede do artigo creado inicialmente baixo o título Mampostería.

É válida? É sinónimo de cachotaría? Lansbricae (Ti dirás) 16:14, 30 xaneiro 2008 (UTC)

  • No dicionario da RAG por web, non atopo ningunha desas palabras.
  • O lexico castelan/galego de urbanismo, construcion e arquitectura da miña biblioteca dime que co castelan mampostería dise en galego : cachoteria. Tamén di que

castelan : mamposte = galego : mamposta

castelan : mampostear = galego : mampostear

castelan : mampuesto = galego : cachote, mamposto.

  • E o meu pequeno diccionario de arqueloxia en galego, non leva ningunha palabra ca raiz de mamposteria. Maís leva cachoteria, dicindo que este tipo de aparello ten varias tipoloxias e da 5. Logo leva aparello e opus. Pa aparello da as moladidades que se atopan na arquitectura galega (10). Pa opus da os termos e variantes mais utilizados sin decir si son relevantes da arquitectura galega ( 22). Si é util que dé mais detalles, non hay problema ElviraConversa con mi 18:18, 30 xaneiro 2008 (UTC)
  • Efectivamente, "mampostería" e o castelán por "cachotería" (cústame pero acepto "cachotaría" como animal de compañía). Logo este artigo debe cambia-lo título á forma galega.
  • Ten outros erros ou cousas que confirmar, como dicir que "Cada unha das pedras que a forman recibe o nome de mamposto", "unhas pedras máis pequenas a modo de calzos chamadas ripios" (ripio só é unha especie de peite para o liño, ou un mal poema); "se cada fileira ten a mesma altura en todo o seu percorrido ... aparellada" (cousa que non vexo como é posible con cachotes e sí con perpiaños).
  • Outro problema é que xa témo-la entrada "cachotaría" que leva, erroneamente ó meu entender, a "albanelería", que é outra cousa e que tamén haberá que corrixir.
  • Pedro --Lameiro (conversa) 19:06, 30 xaneiro 2008 (UTC)
  • O uso de cachote é moi habitual incluso cando algún autor escribe en castelán. Eu o de cachotaría empregueino por casualidade, por ser a forma que puxo Sobreira xunto con Cantaría no artigo albanelaría. Despois souben que cachotería tamén é correcta pero a inercia. O de ripios non o teño escoitado.
  • O tema da mesma altura non o vexo moi ilóxico, en moitos castros levántaronse muros con cachotes ordeados no que se chama forma de pez e nalgúns castros moi romanizados hai construcións con fiadas irregulares pero que tentan procurar unha estruturación, moi diferentes ao debuxo dun muro de cachotería completamente desordenado. O cachote castrexo por exemplo levántase sen utilización de ningún tipo de argamasa, porén adoptaron solucións de diversos tipos. Creo que hai que modificalo si non sei se se lle pode aplicar o de aparellada. Lansbricae (Ti dirás) 19:39, 30 xaneiro 2008 (UTC)
  • un aparello que non leva ningun tipo de argamasa nin elemento de union entre os cachotes, llamase cachoteria en seco (esto ven do diccionario que dixen arriba).
  • o ripio é pedra miuda ou cascallo utilizase xeralmente pa enccher. Di que en Galicia o ripio noas paredes de cachoteria foi utilizado con fuerta frecuencia na arquitectura castrexa e logo na arquitectura popular.
  • llamase aparello de cachoteria cando os elementos son de tamaños irregulares, non estan labrados, ou só groseramente labrados , niste caso son frecuentes as cuñas, os ripios, argamesa ou morteiro ou barro.ElviraConversa con mi 20:09, 30 xaneiro 2008 (UTC)