Conversa:Cabra

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Elimino a frase "Son animais moi intelixentes e curiosos", magnífico exemplo de afirmación que non cabe nunha enciclopedia e da visión antropocéntrica da zooloxía, á parte da evidente dificultade de referenciar. Pedro --Lameiro (conversa) 14:42, 22 xuño 2008 (UTC)

O tíutulo deste artigo é equívoco. Segundo se desprende da introdución e mais da sección Aspectos xerais dedúcese que se trata máis ben de descibir o xénero Capra, que comprende varias especies de bóvidos da subfamilia dos caprinos (como se acredita tamén coa redirección Capra cara aquí), confusión que se amplifica ao existir outra redirección, Caprino, —en singular— tamén cara aquí.
Por outra parte, se é do xénero do que se trata no artigo, como é que na "caixa taxonómica" se intitule Capra ibex nubiana, que é un suposto nome dunha subespecie de Capra ibex? (e que se inclúe nesa caixa como "nome vulgar") e, ademais, que se dea como nome científíco Capra aegargus (por Capra aegagrus)?
Para maior confusión, segundo a relación de especies que se dá no texto, Capra aegagrus —aquí, correctamentre escrito—, C. ibex e C. nubiana son TRES especies distintas.
Asina este cometario usuario:Xoio. --83.165.207.102 15 de setembro de 2014 ás 11:03 (UTC)[responder]

Como non tiven resposta, adecuei e ampliei o artigo. Porén, insisto en que se lle debía cambiar o tílulo polo de Capra, en cursiva, xa que é o que cómpre (e ademais é a onde se redirixe a todas as wikis). Por iso manteño a ligazón a sinónimos. --XoioÉche o que hai 25 de setembro de 2014 ás 20:59 (UTC)[responder]

Creo que a confusión do nome levouse xa a outro nivel, na práctica é outra versión do artigo Capra (xénero), solo que engadindo outro apartado ao final, propoño que este artigo se fusione co de Capra (xénero) e que se cree outro co nome Cabra doméstica ou Capra aegagrus hircus para o de cabra doméstica que coido que sería a idea inicial deste artigo. --Anton45 (conversa) 10 de xuño de 2015 ás 01:36 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (xuño 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Cabra. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 13 de xuño de 2019 ás 02:07 (UTC)[responder]