Conversa:CD40

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wikidata[editar a fonte]

Esta páxina non ten wikidata nin a ligazón para entrar en wikidata. Hai unha páxina homónima en en:CD40.--Miguelferig (conversa) 18 de xullo de 2013 ás 19:36 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Non entendo o problema: premes en "Engadir ligazóns" e sae un formulario. Aí pos a lingua (neste caso, "en") e mais o título do artigo (neste caso "CD40 (protein)"), premes no botón e xa está. --Toliño Fala aquí comigo 19 de xullo de 2013 ás 10:34 (UTC)[responder]
Non. É que a ligazón "Engadir ligazón" non existía. Nin nesta páxina nin na outra inglesa. Ademais sempre pasa o mesmo cando só hai unha páxina con ese nome (a inglesa neste caso) e despois se fai a segunda (a galega). Non hai a ligazón "engadir ligazón" neses casos; sempre pasa igual. Parace como se a páxina non estivera dada de alta por primeira vez na wikidata por ninguén en ningunha wikipedia. En cambio, non hai problema coas páxinas que teñen xa moitos idiomas na wikipedia.--Miguelferig (conversa) 19 de xullo de 2013 ás 15:46 (UTC)[responder]
Cousa rara, porque a min sempre me sae esa ligazón cando non hai ningunha páxina ligada. De feito, é o xeito de crear novas entradas no Wikidata sen ter que ir ata alí; mediante esa ligazón, créase automaticamente a páxina no Wikidata desde a Galipedia (ou desde a Wikipedia que sexa). --Toliño Fala aquí comigo 19 de xullo de 2013 ás 19:52 (UTC)[responder]