Conversa:C-terminal

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Extremo/estremo[editar a fonte]

Observo que nalgunhas páxinas que fixen eu corrixiron extremo por estremo. Se o dicionario da Academia (DRAG) que se consulta en liña está actualizado, en galego existen as dúas palabras. Extremo é a parte final dunha cousa, como o extremo dun cabo ou o extremo de cadeas de proteínas ou ADN. Polo contrario, estremo significa límite, fronteira (dunha leira, dun país, etc.). Por exemplo, Estremadura era o límite coa terra de mouros durante a Reconquista.--Miguelferig (conversa) 10:41, 14 de outubro de 2012 (UTC)