Conversa:Córnea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Córnea/esclerótica[editar a fonte]

Na primeira imaxe da páxina (Ollo humano.png), a frecha da córnea sinala o branco dos ollos, que é a esclerótica. En realidade, a córnea é unha capa transparente que cobre só o centro do ollo, situándose enrriba da pupila e o iris. Nas partes máis periféricas (o branco dos ollos) non hai córnea, senón esclerótica, e ambas as dúas únense no limbo ou unión esclerocorneal (onde está o aparato que drena o humor acuoso). Habería que estender a frecha ata o centro para sinalar ben a córnea (ou cambiar "córnea" por "esclerótica"), pero como mellor se ve a córnea é nos debuxos de perfil do ollo.

Outra cousa que cambiei eu xa directamente foron as unidades de medida. Se toda a córnea enteira ten un grosor que non chega a 1 milímetro, non se pode dicir que as distintas capas da córnea miden cada unha varios milímetros. Debe de referirse a microns e non a milímetros, o que concorda co que di o Tratado de Histoloxía que teño diante neste momento. Por tanto, puxen μm (microns) en vez de mm (milímetros) nos grosores das capas. Engadín tamén o subapartado "Estroma" e púxenlle unha referencia, porque figuraba na lista das partes da córnea pero non se falaba nada del, cando en realidade forma o 90% do grosor da córnea--Miguelferig (conversa) 11:28, 2 de abril de 2012 (UTC)

Xa cambiei o debuxo despois de varios intentos en Commons (vese que non domino iso de modificar imaxes), pero agora xa está ben.--Miguelferig (conversa) 17:30, 3 de abril de 2012 (UTC)
Moitas grazas por corrixir a imaxe. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:39, 3 de abril de 2012 (UTC)