Conversa:César Vaamonde Lores

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Títulos[editar a fonte]

@Elisardojm: por favor! Estás alterando títulos. --. HombreDHojalata.conversa 14 de abril de 2019 ás 11:47 (UTC)[responder]

Amais diso, penso que no caso dos persoeiros medievais deberías absterte de seguir mudándolle o nome (retirándolle o don) e reverter tódolos cambios que levas feitos nese sentido. Consulta fontes, por exemplo a GEG en DVD, que a tes na casa, ou calquera libro de historia de Galicia: "DON DENIS", "DON GARCÍA", "DONA URRACA"... --. HombreDHojalata.conversa 14 de abril de 2019 ás 11:54 (UTC)[responder]
HombreDHojalata, non xeneralices, non cambiei ningún Don Dinís, Don García nin Dona Urraca, e se o fixen foi por erro. Neste caso concreto de Vermudo, acabo de consultar en google e as páxinas que lle poñen o don están en castelán antigo, e ademais hai menor número das que usan Vermudo I, polo tanto entendo que o cambio é correcto.
Se fixen algún outro cambio incorrecto noutro artigo, falamos del. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de abril de 2019 ás 15:02 (UTC)[responder]
@Elisardojm: Imos por partes, porque vexo que non me entendiches.
En primeiro lugar, neste artigo, os "don" forman parte do título das obras literarias.
Por exemplo como en El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha. Non debes eliminarlle o "don" (El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha).
Fíxate, faime o favor, volvo pedircho.
Ata aí a miña primeira mensaxe. Cando deamos resolto isto, coméntoche sobre a miña segunda mensaxe. --. HombreDHojalata.conversa 14 de abril de 2019 ás 17:42 (UTC)[responder]
Xa está amañado iso segundo a referencia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de abril de 2019 ás 20:27 (UTC)[responder]

Non señor. Segue faltando o "don" en Bermudo, "Bermudo" con "B", que eliminaches, eu desfixen, ti desfixeches e etcétera etcétera. Realmente todos eses títulos están deturpados. Indebidamente traducidos ao galego, cando a verdade é que foron publicados en castelán. E non hai que rebuscar referencias estrañas. Pódense consultar todos eles na páxina web oficial da institución orixinal que os publicou, a Real Academia : https://academia.gal/boletins-web/autor.do?current_page=2&id=65 --. HombreDHojalata.conversa 14 de abril de 2019 ás 22:22 (UTC)[responder]

Xa está amañado tamén iso segundo a referencia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2019 ás 05:04 (UTC)[responder]
E por certo, se en vez de reverter os meus cambios tiveras engadido esas referencias, todo este traballo tería sido aforrado. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2019 ás 05:06 (UTC)[responder]

Arquiveiro/bibliotecario, pero non numerario[editar a fonte]

Foi arquiveiro/bibliotecario da RAG, pero non foi membro numerario. Foi membro correspondente. Deixo aquí copia dun correo electrónico contestando a unha consulta miña:

Ola, bo día, no referente a súa consulta sobre César Vaamonde Lores, informámoslle que foi académico correspondente, non numerario, e como tal aparece na listaxe da páxina web da Academia. Quizais vostede buscouno na lapela de numerarios por iso non o atopou.

Agradecémoslle o seu interese así como as súas indicacións que sempre nos fan mellorar.

Saúdos cordiais,


Mercedes Fernández-Couto Tella
Directora do Arquivo
Real Academia Galega (RAG)
Rúa Tabernas, 11
Apartado de Correo 557
15001 - A Coruña
Teléfono: 981 20 73 08
Fax: 981 21 64 67
arquivo@xxxxxxxx.gal
academia.gal

--. HombreDHojalata.conversa 23 de abril de 2019 ás 19:06 (UTC)[responder]