Conversa:Célula procariota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Ampliación[editar a fonte]

Inicio unha ampliación importante desta páxina con todas as características da célula procariota, para poder sacar ao final o aviso de "artigo nos seus primeiros pasos". Ampliei ou fixen tamén as páxinas Monera e Prokaryota, nomes de taxons teoricamente xa non válidos, pero aínda moi usados (e xa veremos as voltas que dá a taxonomía no futuro, que igual se recuperan). Nesas outras páxinas centreime sobre todo en cuestións taxonómicas de clasificación, historia da clasificación e evolución, polo que as características dos procariotas estounas poñendo todas aquí, en "Célula procariótica", que ten as redireccións "procariota" e "procarionte". Poñer as características en todas as páxinas é moi repetitivo (e hai que engadir a estas as páxinas Bacterias e Arqueas, onde habería que volver a repetilo), pero se se cre conveniente sempre se poden ampliar máis tarde. Polo momento, e no que se refire o traballo que teño pensado facer eu, a páxina de características de procariotas será esta. A información para esta páxina tómoa principalmente do libro de Brock de Microbioloxía, e tamén doutros wikis.--Miguelferig (conversa) 23 de xullo de 2014 ás 12:20 (UTC)