Saltar ao contido

Conversa:Cámbium

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Acento ortográfico

[editar a fonte]

Non sei se cámbium/cambium debe levar acento, pero supoño que si. Palabras como álbum si o levan. Se a tomamos como palabra latina non levaría pero habería que poñela en cursiva, pero normalmente este termo utilízase como palabra normal escrita así como está na súa forma latina, é dicir, non é frecuente vela incorporada plenamente á lingua común escrita como "cambio" (os portugueses úsana ás veces, "câmbio"). Entón, supoño que o normal será que leve acento ortográfico (cámbium).--Miguelferig (conversa) 11:56, 3 de agosto de 2012 (UTC)

Se seguimos as regras de acentuación, debería levalo. --Toliño Fala aquí comigo 12:45, 3 de agosto de 2012 (UTC)