Conversa:Bueu (San Martiño de Fóra), Bueu

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

DATOS DE POBOACIÓN[editar a fonte]

Os datos de poboación son erróneos. Unha cantidade tan baixa ten que referirse só ao centro. O conxunto da parroquia ten bastantes máis. O erro debe provir de que moitas veces, ao falar da poboación da freguesía de Bueu, faise unha diferenza entre Bueu (zona urbana) e San Martiño de Fóra (o resto da parroquia). En realidade, Bueu é unha parroquia única e, como tal, só ten un templo parroquial, situado no lugar do Valado, fóra do que é o centro. En conxunto, anda arredor dos sete mil habitantes (máis da metade da totalidade do municipio). —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.53.170.227 (conversacontribucións)

Feito! Feito!Corrixín os datos, o erro estaba en que o IGE separa os datos de Bueu "centro" cos do resto da parroquia, cando no Nomenclátor o lugar de Bueu está incluído na propia parroquia de Bueu. Grazas polo aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de febreiro de 2017 ás 09:15 (UTC)[responder]

Segue estando mal o número de habitantes no primeiro parágrafo. Indícase unha cantidade moi baixa, a cal ten que pertencer só ao centro urbano. No desglose por sexo, á parte da enorme desproporción, sairía unha suma tan alta que superaría a poboación da parroquia, que nunca chegou a 8000 persoas.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 2.139.46.15 (conversacontribucións) 11 de maio de 2017 ás 00:22‎

Feito! Feito! Corrixín os datos e actualiceinos ó ano 2016, penso que agora si está ben. Grazas polo aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de maio de 2017 ás 13:25 (UTC)[responder]