Conversa:Bagullo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Esta redirección non é correcta. Bagullo tamén se lle chama na zona de onde son orixinario (As Neves) aos restos da pisada das uvas (uvas enteiras separadas do cacho e pebidas) que logo deben ser prensadas na lagareta ou lagar. A acepción que aparece no "Dicionario da Lingua Galega" (1986) de Ir Indo é:

  1. Conxunto de bagos separados do cacho
  2. Graíñas interiores do bago
  3. Baíña que envolve certas sementes, como a das fabas.

Coa acepción que acabo de explicar aparece en Posada, X. (1981). Os viños de Galicia, 3ªed, Galaxia. Creo que cómpre, pois, desfacer esta redirección e crear unha páxina de homónimos. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 7 de abril de 2013 ás 11:30 (UTC)[responder]

Comentario O dicionario da Real Academia Galega di isto:
1. Casula dos legumes. Estalles tirando os bagullos aos chícharos.
2. Bagaño.
--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 9 de abril de 2013 ás 14:46 (UTC)[responder]