Conversa:Azores

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

É correcto os Azores en galego? hai referencias?--Rocastelo(fálame aquí) 20:49, 24 novembro 2005 (UTC)

Os Azores, entendo que si é correcto, pois "azor" é masculino. Esa foi a razon de o deixar así ao traducir a páxina. Polo menos entendo que é tan correcto como "As Azores". O mais lóxico é pensar que quen poña "As Azores" sexa ben polo castelán "Las (islas) Azores" ou ben por "As (illas) Azores". Traducilo directamente ao galego non vexo porqué. En calquer caso ¿que significa "hai referencias"? o normal é que haxa mais referencias coa forma mais achegada ao castelán (ou o ingles). Por certo, non entendo porque o cambiache xa se aínda tiñas dubidas, talvez a túa pergunta era retórica? --XoseL 23:40, 25 novembro 2005 (UTC)

  • Só o cambiara nun sitio (Rexión Autónoma das Azores) e foi por erro, xa o corrixín, ao dicir se hai referencias, refírome a fontes en galego: dicionarios, enciclopedias, atlas, libros, webs de referencia: por exemplo Vieiros, Consello da Cultura Galega, universidades, Galicia Hoxe, TVG ....). As wikipedias non poden ser fonte primaria, polo que non podemos establecer formas pola nosa conta, Xa sei que os Azores sería o máis lóxico, pero esa non é a cuestión, debemos empregar unha forma aceptada. Estiven revisando por exemplo Vieiros emprega sen criterio ningún as Azores e os Azores, O Consello da Cultura Galega emprega os Azores, Galicia Hoxe emprega os Azores, a Xunta emprega as Azores, O SIAM emprega as Azores, IGADI as Azores (non é unha revisión exhaustiva e pode ter erros), polo que se deduce que non hai un criteiro claro e que os Azores é unha forma con tradición en galego, polo que semella correcta. --Rocastelo(fálame aquí) 10:11, 26 novembro 2005 (UTC)
  • 100% dacordo. Sempre hai certa inercia (polo menos eu) a aceptar que as wikipedias non poden ser fonte primaria, mais esa é a filosofia e como principio ten toda a loxica do mundo. En canto a referencias, obviamente "haber hainas"; a pregunta era no senso de que a falta de normalizacion impídenos ter referencias externas dabondo, e polo tanto non é doado atopar referencias "ex-catedra", xa que moitas fontes que atopemos poden estar contaminadas polo castelán. --XoseL 10:46, 26 novembro 2005 (UTC)

No DRAG non se recolle Azores como entrada, como é lóxico, pero si azoriano, co significado de (Adx) Dos Azores (Portugal) ou dos seus habitantes. (Subst) Persoa natural ou habitante dos Azores (Portugal). Pedro --Lameiro (conversa) 29 de xullo de 2019 ás 20:54 (UTC)[responder]

Ligacoes[editar a fonte]

Por que pon "Ligacoes"? --Cleoninha 23:28, 22 xuño 2008 (UTC)

Probablemente porque foi mal traducido dende o portugués, ou colouse como erro. Xa está corrixido. AlberteSi, digame? 04:36, 23 xuño 2008 (UTC)