Conversa:Atmosfera

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Fixen algún cambios, e coma este tipo de cambios (algo bruscos) creo que deben ser explicados; ven fixen os cambios para aproximar a categorización das atmosferas á categorización dos corpos do Sistema Solar, xa que meter Mercurio (aínda que se dicía que era unha atmosfera tenue) entre un bo puñado de lúas podía levar a confusión e coloqueino coma o planeta que é, o mesmo que no caso de Plutón que nin sequera é un planeta se non un planeta anano, tamén integrei Titán entre as lúas a pesar de ter unha impresionante atmosfera para manter esa categorización, que coido é moi importante manter esta categorización debido a gran cantidade de cambios nos conceptos, propiedades e definicións que están a sufri-los corpos do Sistema Solar neste comezo de século.

Tamén dicir que creo que se debería de meter na atmosfera da Terra "A composición da atmosfera" pero de forma moito máis concisa, así coma "Capas da atmosfera terrestre", e mirar estes apartados de metelos no artigo Atmosfera terrestre, tamén coido que habería que meter cousas "Variación da presión coa altura" no artigo "Presión atmosférica" xa que este artigo carece de boa parte do que se explica neste artigo. Tamén creo que este artigo debería chamarse Atmosferas do Sistema Solar e inclui-la do Sol brevemente, xa que o título da lugar a confusión, hai atmosferas estelares e seguramente (sen tardar moito) apareceran os primeiros datos precisos das atmosferas de planeta extrasolares.

Ben, non fixen este cambio por que me daba moito pau fedellar tanto nun artigo que hai pouco que reformou outra Galipedista.--Xabier Cancela (fálame 17:08, 18 novembro 2009 (UTC)

A min parécenme uns cambios moi atinados, o que non entendín ben é o cambio do título deste artigo, non sería máis doado meter por exemplo aquí as características da atmosfera de HD 209458 b (non sei se é o único planeta extrasolar do que se coñece a súa atmosfera) e cando haxa moita información das atmosferas dos planetas extrasolares e das atmosferas solares crear un artigo específico para as atmosferas do Sistema Solar pero manter sempre un artigo coas características comúns de todas as atmosferas.--RNC 17:22, 18 novembro 2009 (UTC)
  • É que seguindo as ligazóns dese planeta extrasolar, atopei máis planetas extrasolares (na wiki inglesa) que xa teñen información sobre a súas atmosferas e tamén de atmosferas estelares, aínda que non hai moita información, esta info estase ampliando ultimamente moito, era máis que nada por non facer cambios dúas veces; por certo estou agregando as atmosfera de Ganimedes e Calisto (traducindo da wiki inglesa).--Xabier Cancela (fálame 17:46, 18 novembro 2009 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Atmosfera. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de agosto de 2018 ás 09:23 (UTC)[responder]