Conversa:Ascaris lumbricoides

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coca e lombriga[editar a fonte]

Coca/coco é un nome que se lle dá a calquera verme. O DRAG pon o exemplo das cocas das mazás, que son larvas de insectos e non nematodos. Hai palabras que non teñen precisión, por exemplo a palabra verme, que non ten validez taxonómica ningunha, xa que simplemente indica un animal cilíndrico ou ás veces plano sen patas (larva de insecto, anélido, nematodo, platihelminto). Lombriga é tamén ambiguo: pode significar Lumbricus terrestris (miñoca) ou Ascaris lumbricoides (nematodo). A este último poderiamos chamarlle para distinguilo "lombriga intestinal", pero tampouco é solución porque lombrigas intestinais hai varias, de varios xéneros, non só os Ascaris. Pódese explicar no interior da páxina que se lle chama lombriga (que como comprenderás é algo que eu estou farto de saber), explicando todas as ambigüidades que ten a palabra para esclarecer ao lector en vez de confundilo, pero non creo que se deba poñer ao inicio eses nomes. Este tipo de páxinas refírense a especies moi concretas, polo que requiren precisión, a diferenza de moitos nomes comúns de invertebrados que teñen un significado máis estenso e ambiguo.--Miguelferig (conversa) 23 de febreiro de 2014 ás 13:05 (UTC)[responder]

Creo que como o puxeches agora como unha nota está mellor. Eu, pola miña parte, engadín a sección "Nome común" explicando os nomes que recibe e a sinonimia. Penso que así queda mellor que poñelo ao inicio.--Miguelferig (conversa) 23 de febreiro de 2014 ás 17:41 (UTC)[responder]