Conversa:Anxioxénese

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Propoño fusionar os artigos vascularización e anxioxénese, pasando o contido de vascularización como un capítulo ao final do artigo anxioxénese. Anxioxénese é un artigo máis amplo e máis referenciado. Noutras wikipedias vascularización adoita estar redirixido a anxioxénese. En realidade, non son exactamente o mesmo, xa que a anxioxénese é o proceso de formación de novos vasos sanguíneos, mentres que vascularización pode significar ademais o conxunto de vasos que regan un órgano, tecido, etc. Non obstante, nas interwikis a páxina galega vascularización está xuntada coas páxinas que en todas as wikipedias se denominan anxioxénese ou similar (a única da lista que se titula vascularización é a páxina galega). Isto deixa á páxina xa feita de anxioxénese sen posibilidade de inscribila nas interwikis, cando penso que se debería. Esta é outra razón para pasar vascularización a anxioxénese e non ao revés.--Miguelferig (conversa) 18 de abril de 2022 ás 11:35 (UTC)[responder]

Finalmente, pasei o contido da páxina vascularización a esta páxina, con mínimas modificacións.--Miguelferig (conversa) 20 de abril de 2022 ás 09:56 (UTC)[responder]