Conversa:Animais

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Por que facer esta clasificación dos animais[editar a fonte]

Untitled[editar a fonte]

A idea deste artigo e crear unha base na clasificación taxonómica da que podan xurdir as diferentes polas que forman os grupos de animais. Este tipo de clasificacións están sempre en risco de quedar obsoletas, polo que precisan dun melloreo contínuo, pero para poder melloralas primeiro hai que crealas. Supoño que o que lle bote unha ollada a páxina, poderá atopar cousas que poden organizarse doutro xeito, sobre todo agora que a taxonomía está nun periodo de cambios co tema do análise de ADN.

Título en galego[editar a fonte]

Segundo parece, as normas da Galipedia aconsellan (mandan) introducir os artigos sobre grupos biolóxicos con nome galeguizado de cada grupo. Polo tanto, creo que quizais sería conveniente cambiar o deste por Animais, así como intercambiar a redirección Animal para Animalia (que, ademais, non é demasiado correcta, aínda que útil, xa que Animalia é plural).--XoioÉche o que hai 20:56, 28 de agosto de 2012 (UTC)

Outro problema do título. Resulta que unha das redireccións que hai para remitir ao artigo é Metazoo que, aínda que incorrecta, é útil. Pero, paradoxalmente, non existía Metazoos, que é a que corresponde, xa que o título é en plural (e así se ve no taxobox do cabezallo).
Outro sinónimo que aparece no texto, Reino animal, tampouco non tiña redirección. Agora, xa a ten.--XoioÉche o que hai 01:25, 18 de setembro de 2012 (UTC)