Conversa:Angela Davis

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Na tradución, non entendo este texto: “Irmáns Soledad soltos até o mediodía e media en troco da vida dos reféns” Unhanova (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 09:36 (UTC)[responder]

Unhanova, boteille unha ollada ó apartado "Celebridade e liberdade" e penso que hai que repasalo moito e con coidado, ten moitas expresións raras e outras que non se entenden. E supoño que tamén habería que revisar o resto do artigo, por se ten problemas semellantes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 10:03 (UTC)[responder]

Elisardojm, houbo algún texto que pensei en cambiar como "enderezar" porque eu non o uso, mais logo vin que si está no DRAG http://academia.gal/dicionario/-/termo/enderezar Unhanova (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 10:52 (UTC) Elisardojm, pasoume o mesmo con http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/discursar Unhanova (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 10:54 (UTC) Elisardojm, e con http://academia.gal/dicionario/-/termo/entusi%C3%A1stica Unhanova (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 10:56 (UTC) Só non atopei "misivistas" Unhanova (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 10:56 (UTC)[responder]

Unhanova nunca vira esas palabras nin pensaba que existiran en galego..., hoxe xa aprendín para tres días :) Mirarei en casa o de misivistas a ver se a atopo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 11:39 (UTC)[responder]
Unhanova, mirei no Gran Dicionario Xerais e no de Usos e Dificultade de Galaxia e non teñen o termo "misivista", así que supoño que haberá que cambiala. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 14:51 (UTC)[responder]
Unhanova, o texto "permitíronlles aos nativos se identificaren", non debería ser "permitíronlles aos nativos identificárense"? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 20:03 (UTC)[responder]

Elisardojm, penso que ambas, mais, como non teño a certeza, hei de consultar unha gramática. Unhanova (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 20:27 (UTC)[responder]

Elisardojm, segundo temos nos artigos na Galipedia, non podería ser nin protagonista nin personaxe, tería que ser persoeira. Mais non me cadra. Unhanova (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 20:55 (UTC)[responder]

Está amañado o de "Irmáns Soledad soltos até o mediodía e media en troco da vida dos reféns", era ás 12:30. Desfixen o de protagonista. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 21:12 (UTC)[responder]

Grazas, Elisardojm, tamén dubidei con "en nome de" porque si está en PT, en ES é "a nombre de" e en GL non figura "a nome de" http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/nome Unhanova (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 21:14 (UTC)[responder]

Home..., "a nome de" púxeno porque penso que son cousas diferentes, non o consultei en ningures... Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 21:30 (UTC)[responder]

Ligazón externa[editar a fonte]

Feito! Feito! Unhanova, había que numerar os parámetros do modelo URL porque a dirección ten un igual. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de setembro de 2017 ás 19:57 (UTC)[responder]