Conversa:Amieiro
Untitled
[editar a fonte]Se os amentos masculinos miden 5-10 cm e son avermellados, e os femininos son de 2 cm e de cor marrón escura a negra, ¿que son esas "flores brancas formando espigas" que, ademais, están no medio da descrición das follas? Pedro --Lameiro 23:38, 27 xullo 2007 (UTC)
- ¿En qué parte de Galicia se chama Abeneiro?. Eu pola zona do Barbanza e polo norte na Coruña só es coitei Amieiro, mira tí se algunha vez Ameneiro, pero Abeneiro que eu saiba non é o nome máis extendido como para sexa o que reciba o nome principal do artigo.
--Pexego(conversa) 13:36, 9 setembro 2009 (UTC)
- Aínda que non son moi coñecidos en moitas linguas existen dicionarios de frecuencias, grazas a eles podemos saber a frecuencia de uso de cada palabra, tanto do uso escrito como do oral. En galego só existe este, nel pódese constatar o uso de cada unha das formas, a frecuencia de abeneiro é 0,000435868%, de ameneiro 0,001259173%, e de amieiro 0,000774876%. Se aceptamos o criterio deste dicionario a forma máis utilizada de lonxe é ameneiro, quizais tendo en conta iso conviría mover o artigo á forma máis frecuente, ameneiro.--RNC 15:54, 9 setembro 2009 (UTC)
- Respondendo á pregunta de onde se di abeneiro, eu téñoo escoitado por Oleiros e Arteixo, non é unha resposta moi científica e tampouco sei se os falantes eran realmente da zona.--RNC 16:51, 9 setembro 2009 (UTC)
- O Glosario de Voces galegas de hoxe (Constantino García, 1985) recolle amieiro como forma máis común, en 17 localidades (Gro. Goi. Val. Ced. Cre. Bur. Sua. Inc. Ped. Pan. Ram. Xun. Mra. Cal. Mez. Ver. Vil.), seguido por abeneiro con 11 (Cur. Raz. Lax. Dum. Sco. San. Com. Sob. Oir. Fri. Ped.), ameneiro con 10 (Cab. Cur. Tob. Com. Nov. Sob. Cod. Cre. Gui. Per.), e xa máis lonxe abineiro en 3 (Mar. Gun. Mon.), amieira en 1 (Gro.) e amineiro noutro (Mel.). Para responder á pregunta de Pexego e para quen non teña á man este libro, as localizacións que din abeneiro son Curtis, Razo, Laxe, Dumbría, Santa Comba, Santaia, Santiago, Sober, Oirós, Friol e Pedrafita. Máis razóns para a prevalencia de amieiro: o Xerais e o IR Indo.com definen só en amieiro (e remite nas outras formas), o DRAG define en abeneiro e en amieiro (ameneiro remite a amieiro). Pedro --Lameiro (conversa) 19:37, 9 setembro 2009 (UTC)
- Respondendo á pregunta de onde se di abeneiro, eu téñoo escoitado por Oleiros e Arteixo, non é unha resposta moi científica e tampouco sei se os falantes eran realmente da zona.--RNC 16:51, 9 setembro 2009 (UTC)
- A min tanto me ten que quede unha forma ou a outra. Por certo, para min é ameneiro de toda a vida. Xaora, se ao final mudamos esta, tamén quero que retomemos a miña teima con bágoa/lágrima. Que?, abrimos a caixa dos tronos? --Atobar (conversa comigo) 19:42, 9 setembro 2009 (UTC)
- O que si debería haber é un criterio claro, ben sexa utilizar no título sempre a primeira opción ou se hai referencias externas utilizar a de máis uso (ben sexa a máis utilizada en dicionarios, en extensión ou do que diga o dicionario de frecuencias-que utiliza un corpus relativamente reducido pero que ten en conta os usos escritos e orais). Como curiosidade segundo o dicionario de frecuencias bágoa ten moito máis uso ca lágrima.--RNC 19:52, 9 setembro 2009 (UTC)
- RNC, a min non me vai esa dirección do dicionario de frecuencias --Atobar (conversa comigo) 19:58, 9 setembro 2009 (UTC)
- Pesa bastante e tarda un cacho en cargar .--RNC 19:59, 9 setembro 2009 (UTC)
- Dálle a graver na vez de abrilo, quizais así che vaia máis rápido.--RNC 20:00, 9 setembro 2009 (UTC)
- Que marabilla! Este trebello é fantástico. Eu creo que o criterio común a estabelecer ben podería ser este. O dicionario de frecuencias pode servir de guieiros para futuras dúbidas de formas prioritarias. A ver se alguén discorre outro criterio, pero polo de pronto este non é nada malo. --Atobar (conversa comigo) 20:22, 9 setembro 2009 (UTC)
- E eu que puxera o comentario sen moita esperanza...
- Pois ben, o Xerais que teño eu (edición do 2000) moléstase en definir as 3 variantes, en lugar de remitilas. Por outra banda, no tradutor da Xunta [1] (ainda que non sexa unha referencia moi fiable), traduce aliso (forma en castelán) como Ameneiro. Vendo os datos que proporciona RNC semella que sexa Ameneiro a forma máis común, mais segundo as referencias de Lameiro a forma máis común é Amieiro (que por certo é a forma que eu persoalmente máis escoitei). Eu Abeneiro ainda non a escoitara e por temas laborais viaxo moito por Galicia, de ahí a miña sorpresa, ainda que sei que eso non quere dicir nada. O que semella claro é que Abeneiro non é a forma máis común de chamalo. Grazas polas respostas!
- No caso de Bágoa/Lágrima o xerais tanto define unha como a outra sen redireccionar unha a outra, mais o tradutor da Xunta traduce 'Lágrima' como bágoa. Eu persoalmente escoitei tanto unha como a outra, e non penso que a opinión de Atobar sexa buscando a diferenciación, senón que bágoa é unha palabra particularmente bonita, ainda que esto sexa algo subxectivo. Da xente galegofalante de sempre tanto escoitei unha como a outra palabra.
- E eu que puxera o comentario sen moita esperanza...
- --Pexego(conversa) 21:26, 9 setembro 2009 (UTC)
- Engado un dato, o Diccionario enciclopédico galego (Ir indo edicións) só define Amieiro, o resto de formas son remitidas a esta.
--Pexego(conversa) 21:50, 9 setembro 2009 (UTC)
- Segundo Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos hai que usar o nome máis común, con todos os datos fornecidos ata agora parece que abeneiro non o é, e non debería ser logo o título do artigo, das outras formas ameneiro é a máis común para o dicionario de frecuencias, o Glosario de Constantino García indica amieiro en número de localidades (aínda que inclúe relativamente poucas localidades) e a consulta dos dicionarios tamén lle dá unha certa preponderancia a esta forma. Hai, logo, acordo para mover a páxina a amieiro?--RNC 14:13, 15 setembro 2009 (UTC)
- Concordo Cos datos que temos, parece que a forma debería ser Amieiro. --Atobar (conversa comigo) 14:19, 15 setembro 2009 (UTC)
- Non teño predilección por ningunha das formas pero para min non está nada claro que haxa que mover a páxina, como norma xeral sempre respectamos a elección do creador do artigo sempre e cando cumprira as regras do proxecto, sobre todo sendo un colaborador con historial de edicións no wiki. Ese criterio ten unha vantaxe que é evitar debates interminables e enlearse en discusións inútiles, certo que non é un criterio absoluto e debe confrontarse co termo máis usado se as diferenzas son considerables. Así é todo, unha cousa son as decisións sobre cuestións en concreto e outra revisar todo á luz do termo máis usado, unha vía que ten feito moito dano noutros wikis cercanos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:57, 15 setembro 2009 (UTC)
- Só por engadir máis leña, neste caso de ameneiro, indicar que de acordo co RILG, o máis usado semella ameneiro, seguido de amieiro e abeneiro. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 00:38, 17 setembro 2009 (UTC)
- Teño traballado bastante na parte botánica nos últimos meses; unha das cuestións que máis me fan dubidar é esta; personalmente eu poría amieiro porque é a forma principal que recolectar a RAE, a forma portuguesa e a que eu siempre escoitei. Ademais no Vocabulario Forestal (Galego-Español-Inglés) do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, 2012; dá preferencia a esta entrada. Se vos parece mudaréi o artigo a Amieiro.Nachonion (conversa) 8 de febreiro de 2013 ás 07:28 (UTC)
Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)
[editar a fonte]Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.
Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de setembro de 2019 ás 12:37 (UTC)