Conversa:Alonso III de Fonseca

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Bo artigo pero non se pode considerar a Fonseca como fundador da USC xa qeu en realidade foi LOPO GOMEZ DE MARZOA o 4 de setembro de 1495 coa fundación do Estudio de Gramática o que inicia a Historia da USC. Unha segunda fundación terá lugar en 1501 co Deán Diego de Muros III como protagonista, e non será ata 1522 que aparece Fonseca na historia da USC. A morte do arcebispo en 1534 non se tiña feito nada do proxectado e non foi ata o 10 de decembro de 1567 o momento no que se pode considerar como unha verdadeira universidade.

Por todo isto non se pode considerar a Fonseca como o fundador da USC xa que é caer nunha xeralización excesiva, pero si recoñecelo como un dos seus principais impulsores.

Venme a cabeza os les Luthiers ca historia do Adiantado que dicía fundó Caracas.... fundo Caracas que xa estaba fundada.

Noraboa o autor do artigo que magoa traballe cunha IP sen se rexistrar xa que creo está detrás de moitos artigos da nosa historia que gran falta fan nesta nosa Galipedia. Saudos --Lansbricae 09:11, 18 marzo 2007 (UTC)