Conversa:Alimentos transxénicos
Aparencia
Untitled
[editar a fonte]Esta páxina necesita unha wikificación completa. Categoría, títulos, referencias, etc. ─ GallaecioE logo? 18:01, 19 marzo 2010 (UTC)
- Non sei en que se basea Estevo para asegurar que a forma correcta non leva s. Nin transxénico nin tranxénico veñen no VOLGa; o uso máis común é con s. En calquera caso, o título debería ser en singular, e sen esquecer que os organismos modificados xeneticamente son moitas máis cousas que alimentos. Pero máis preocupante que isto é que este tema é lume e hai que ter moitísimo coidado co seu tratamento, se queremos ser obxectivos. Hai argumentos de peso, asinados por fontes respectables, tanto para a súa defensa como para estar en contra. Hai argumentos que seguen sendo utilizados polos que están (estamos) en contra e que hai tempo que se demostrou que non tiñan base científica. É demasiado fácil, neste tema, caer na simpatía ou antipatía persoal, nada obxectiva, e os argumentos a favor, moitas veces pagados polas grandes compañías que os patentan e venden, cheiran a chamusco, pero sen poder demostra-lo contrario. Hai bibliografía a montes e moreas, iso si, e ler e beber das que apoien a tese previa do editor é unha tentación demasiado fácil. Aconsello moito tino a quen se atreva a editar este artigo, e desconfío moito dunha edición anónima e sen referencia ningunha. Pedro --Lameiro (conversa) 18:19, 19 marzo 2010 (UTC)
- Sobre o título: o dicionario Ir Indo só recolle transxénico. Se non hai mellor referencia haberá que deixalo como está. Xoacas(góstache o pemento?) 22:40, 7 abril 2010 (UTC)
- Hai unha referencia: na normativa oficial recóllese que
- o prefixo trans- mantén o grupo ns cando a base é un cultismo. Transxénico é un cultismo.
- Cando se une trans- a unha palabra que empeza por s hai simplificación das dúas consoantes: Non é o caso.
- Este sufixo reduciuse a tras- en palabras populares: Tampouco o é.
- O que non existe no galego é o prefixo tran-. Woden (eh ho?!) 12:21, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)
- Así é. Soamente transxénico no Gran Xerais. --Atobar (conversa comigo) 00:43, 21 de xaneiro de 2011 (UTC)