Conversa:Aletta Ocean

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Filtro de abusos[editar a fonte]

Esta acción foi identificada automaticamente como prexudicial e por iso non está permitida. Se cre que a súa acción foi construtiva, por favor, informe a un administrador do que estaba intentando facer. Velaquí hai unha breve descrición da regra de abuso coa que coincide a súa acción: VANDALISMO frecuente

Por que sae este aviso cando quero crear esta páxina. Está prohibido tratar certos temas, non se pode falar de pornografía na wikipedia en galego.

Para poder facer a páxina tiven que quitarlle todas as palabras que facían referencia ó sexo e non mas deixa poñer. Isto é peor que Arabia Saudí, que Franco xa está morto. É incrible que non deixedes falar de certos temas. Tampouco me deixa borrar a outra páxina que fixen, dime que é vandalismo pero está onde non tiña que estar. —o anterior comentario sen asinar foi feito por AndrésBotana (conversacontribucións) 26 de setembro de 2016 ás 20:09‎

Non hai problema cos termos relacionados co sexo. O filtro de abusos detectaría algún falso positivo e impediu que gardases o artigo. Como es un usuario novo tes algunhas restricións ao primeiro, porque hai xente que se rexistra exclusivamente para vandalizar.
Dito isto, o artigo xa quedou aqueladiño. Un saúdo --Toliño Fala aquí comigo 27 de setembro de 2016 ás 11:32 (UTC)[responder]