Conversa:Aldea

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

"As aldeas integran a parroquia e estas o concello, e están constituídas polos barrios ou lugares."

Pra min aldea e lugar sempre foron sinónimos, no dicionario aparece esta definición de lugar: "s m XEOG Pequena entidade de poboación en que se divide unha parroquia rural."--Hugo22 15:59, 26 decembro 2008 (UTC).

  • Hai lugares que non son aldeas, ben por non estar non estar habitados, por exemplo na aldea dos meus antepasados hai lugares que teñen nomes ( e que se denominan así lugares) pero nunca habitou ninguén (son campos de labor, hai un muíño, era onde se ía apacentar as vacas, onde se rozaba, etc.) ou habitara había moito tempo xente e aínda quedan restos, ou ben por estar habitados por unha, dúas ou tres familias e non constituír de seu aldea ou ben lugares con máis poboación pero de poboación relativamente recente que non se teñen por aldeas.--Biógrafo 16:19, 26 decembro 2008 (UTC)
    • Grazas polo matiz, xa o teño moito máis claro, poderíamos engadir parte diso ao artigo--Hugo22 16:26, 26 decembro 2008 (UTC).
O DRAG equipara como sinónimos lugar e aldea, aínda que como se di enriba podan existir excepcións e haxa lugares que non sexan propiamente aldeas, ou haxa zonas nas que distinguen lugar de aldea.--Sernostri (conversa) 23 de febreiro de 2014 ás 11:41 (UTC)[responder]

Ligazóns interlingüísticas[editar a fonte]

Liguei o artigo seguindo a wikipedia portuguesa que está en village, pero a clasificación é moi caótica, os artigos sobre aldea nas wikipedia castelán, (que tamén denominan caserío), asturiana e aragonesa está co inglés hamlet, claro que no artigo español falan como se tal cousa nos Estados Unidos de aldeas-municipio cunha única cidade, o que é de seu unha contradición--Sernostri (conversa) 23 de febreiro de 2014 ás 11:38 (UTC)[responder]